Tempo  7 horas 50 minutos

Coordenadas 1406

Fecha de subida 23 de agosto de 2016

Fecha de realización agosto 2016

-
-
621 m
16 m
0
3,4
6,8
13,6 km

Vista 1841 veces, descargada 32 veces

preto de Cornido, Galicia (España)

A Zona de Especial Conservación (ZEC) Carnota - Monte Pindo é un espazo natural de alto valor ecolóxico que forma parte da Rede Natura 2000. Posúe unha excepcional beleza paisaxística e conta cunha chea de elementos xeomorfolóxicos singulares, con espectaculares exemplos de modelado granítico, grandes rochas de formas convexas e cóncavas como os domos rochosos (A Moa), os outeiros recubertos de bolos ou bloques, os relevos acastelados e un macizo illado de granodioritas que se eleva abruptamente sobre unha plataforma de abrasión costeira e a conca baixa do río Xallas. Alcanza a súa altitude máxima de 627 metros na impresionante Laxe de A Moa, a escasos 2 quilómetros do mar. Desde a distancia destaca a súa cor ocre cando é iluminado polos últimos raios de sol ao atardecer.

Ao cumio de A Moa pódese subir desde o núcleo de O Pindo (roteiro clásico), desde o lugar de O Fieiro, desde Caldebarcos e tamén desde Vadebois, sendo este último percorrido o que nós imos facer.

Comezaremos a nosa andaina onde o rego de Amil entrega as súas augas ao río Vadebois, na área de lecer que hai na ruta dos muíños, un chisco antes da aldea de turismo rural de San Cibrán. Para subir temos tres posibilidades:

1.- Logo de ir pasando polos sete muíños do rego de Amil (beira esquerda a contracorrente), seguir pola súa marxe (pasando o último muíño o carreiro atopábase con algo de mato).

2.- Un treito antes do sétimo muíño, a esquerda sobe un sendeiro polo monte.

3.- Desde o punto de inicio, coller pola pista (ao principio asfaltada) que sobe a dereita da área de lecer. Éste é o camiño a seguir se a motogueira pechou as outras dúas subidas.

Chegaremos ata Chan das Lamas que é un extenso planalto onde hai grandes currais para o gando. Seguimos ao miradoiro de Onde se Adora con engaloiantes vistas sobre Quilmas, Ézaro, Fisterra e a illa Lobeira. Por un carreiro de montaña, entre colosais formacións graníticas, conectamos coa subida que parte de O Pindo e xa no Chan de Lourenzo veremos a senlleira rocha cabaleira chamada O Guerreiro. De aquí continuamos a ascenso ata o cimo de A Moa, con impresionantes panorámicas sobre a longuísima praia de Carnota, as marismas da Boca do Rió, a Costa da Cabra, Quilmas coas súas praias, Ézaro, Cee, Corcubión, Fisterra e encoro da Fervenza..

O camiño de volta farémolo desandando o de ida.

Ver más external

cima

A Moa

Cumio de 627 metros de altitude.
Picnic

Area lecer

Área recreativa en Vadebois.
foto

Bolos

Penedos graníticos.
foto

Chan das Lamas

Planalto na aba sur do monte Pindo.
foto

Colmeas

Colmeas a beira do rego de Amil.
Waypoint

Comezo Vadebois

Punto de inicio da nosa andaina, en Vadebois.
Waypoint

Conexion

Punto común as tres posibilidades de subida desde Vadebois.
Waypoint

Desvio Fieiro

Desvío para ir ata a aldea de O Fieiro.
Waypoint

Desvio O Pindo

Punto en común coa subida desde O Pindo.
Waypoint

Desvio Penafiel

Desvío para subir ao cumio do Peñafiel.
panoramica

Miradoiro

Miradoiro de Onde se Adora.
foto

Muiño 1

Muíño no rego de Amil.
foto

Muiño 2

Muíño no rego de Amil, ao carón da área de lecer.
foto

Muiño 3

Muíño no rego de Amil.
foto

Muiño 4

Muíño no rego de Amil.
foto

Muiño 5

Muíño no rego de Amil.
foto

Muiño 6

Muíño no rego de Amil.
foto

Muiño 7

Muíño no rego de Amil.
foto

O Guerreiro

Rocha cabaleira con forma de guerreiro.
foto

Penedos

Formacións graníticas.
Porto de montaña

Portela

Paso no monte.
Río

Rego Amil

Afluente do río Vadebois.
Waypoint

Vadeo

Paso pola canle do río.
foto

Vista Aguillons

Vistas sobre as formacións graníticas de Os Aguillóns.
panoramica

Vista marismas

Panorámicas sobre as marismas da Boca do Río.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta