-
-
686 m
222 m
0
2,9
5,7
11,41 km

Vista 1924 veces, descargada 28 veces

preto de Fieiro, Galicia (España)

O Monte do Pindo é un macizo granítico de 627 metros de altura que se atopa no concello coruñés de Carnota.

Existen numerosas lendas sobre este monte ao que os historiadores románticos denominaron como O Olimpo celta.

O Monte Pindo forma un espazo natural xunto coa praia de Carnota o espazo natural Carnota - Monte Pindo catalogado coma Lugar de Importancia Comunitaria e que se atopa incluído na Rede Natura 2000. O espazo ten unha superficie de 4.629 ha e abrangue aos concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.
O Monte Pindo domina as terras do Fin do Mundo; o fogar das deidades galegas reflexa na súa rosa vestidura granítica luz e sombra sobre mar e xentes do Finisterrae. Moito corren os contos, lendas e historias sobre este lugar, que chegaron a provocar interese en persoeiros galegos dos máis variados eidos.

Os nosos antergos só souberon explicar a vizosa e curiosa xeomorfoloxía do Monte Pindo, inzada de relevos en bolos de granito, mediante historias de deidades, esculturas, ou monstros e xigantes míticos, e lendas que encheron de ilusión e fachenda aos habitantes destas terras, que transmitiron de pais a fillos durante séculos contos de tesouros fabulosos, fermosas princesas, rutas secretas, serpes de sete cabezas, fadas encantadas, sacrificios e ritos de fecundidade -que ao parecer prevaleceron ata tempos moi recentes-... que deron forma á tradición que sitúa neste lugar o monte sacro dos celtas galegos. Obviando as lendas, o que si se atoparon son numerosos restos arqueolóxicos, coma petróglifos, útiles de bronce e o que parecen ser os restos dunha antiga ermida.
As lendas tampouco se esqueceron da veciña paraxe do río Xallas, pois dise que tras desta fervenza única en Europa por caer as súas augas directamente sobre a auga salgada do mar, existe unha porta máxica gardada por bruxas que levará embaixo do río ao mozo que se atreva a pasar, podendo daquela casar cunha bela princesa encantada e posuír unha enorme fortuna.
Castelo de San Xurxo.
Do que si hai certeza é que no século X Sisnando (bispo de Iria Flavia) ordenou a construción do Castelo de San Xurxo nas beiras do monte, para protexer estas terras dos continuos ataques dos piratas medievais. Diversas familias nobres de Galiza habitárono ata que o castelo foi destruído no ano 1467 nas Revoltas Irmandiñas. Dise que fai cincuenta anos aínda se podían ver parte dos seus muros, desfeitos polos buscadores de tesouros.

Presuntamente, outros dous castelos atoparíanse neste entorno, aínda que non se conservan restos materiais determinantes nin documentación analizábel, mais unha inscrición en latín nunha pedra illada da testemuña de toda unha época: "Reis, bispos, presbíteros, todos por poderes recibidos de Deus, excomungaron aquí este castelo". Esta inscrición, aínda hoxe visíbel, fai referencia á excomuñón que no ano 1130 lanzou o arcebispo Xelmírez contra o Conde de Traba, por ter prisioneiro no seu castelo ao Arcediano de Trastámara.
Nos a ruta comezamola na aldea de O Fieiro, dende ahi baixamos pola estrada que vai ata a presa do Ezaro pero antes de chegar collemos por unha pista a izda e xa non a abandoamos. Chegados ata a peña que ten a cova subimos ata ela, pero a baixada ante a dubida fixemola polo mismo camiño, e volver a remotar a ruta cara a Moa. A baixada foi moito mais doada, 2.8 km sin casi ningunha incidencia.
A ruta é moi fisica, hai que ter boas pernas e boas rodillas, sobre todo si subes e baixas da cova, pero as vistas pagan a pena.

1 comentario

  • Foto de apriet

    apriet 06-ene-2013

    Memorable... para nuestras piernas. https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/subida-ao-pindo-05-01-2013-3814334/photo-1785252

Si quieres, puedes o esta ruta