Tiempo en movimiento  2 horas 28 minutos

Tempo  3 horas 41 minutos

Coordenadas 1853

Fecha de subida 8 de septiembre de 2018

Fecha de realización septiembre 2018

-
-
679 m
236 m
0
2,6
5,3
10,52 km

Vista 94 veces, descargada 5 veces

preto de Taboeja, Galicia (España)

Ruta dende a localidade de Taboexa, no concello pontevedrés das Neves. Subida ata o alto do Coto Grande onde, como non, está unha ermida: a do santo Nomedio. Vista espléndida que neste día non o é tanto polo nublado das treboadas. Na aba do monte están vairas estacións de petróglifos moi, moi interesantes. Mágoa que a ameaza (e a realidade) de choiva non permitise unha sesión de fotos máis longa.
Comeza a carón da igrexa, onde hai lugares onde estacionar. Ten unha subida e baixada constantes. Toda ela descorre por camiños e pistas. Por mor dos terribles lumes do ano anterior, é moi descuberta polo que afectan os elementos climatolóxicos: tanto o sol coma o vento ou a choiva.
O elementos máis sobranceados de interese son as paisaxes que se divisan, as construcións (especialmente relixiosas) e, sobre todo, os petróglifos. Paga a pena agardar ata o empardecer e levar unha boa lanterna para velos con luz rasante... Hai un par de paneis explicativos, pero se non se realizan outras actuacións, dentro de pouco tempo xa será difícil encontralos por mor do mato que medrará. Parece que a Comunidade de Montes vai tomar medidas para, polo menos no seu contorno non medren de novo eucaliptos. Loable iniciativa.
En resumo: ruta accesible para calquera que teña unha mínima forma física e moi interesante.
Posiblemente se poida subir pola dereita tamén e, mesmo, máis doadamente...
Vistos con luz rasante, é outra cousa...

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta