Tiempo en movimiento  3 horas un minuto

Tempo  4 horas 51 minutos

Coordenadas 2633

Fecha de subida 14 de enero de 2018

Fecha de realización enero 2018

-
-
686 m
338 m
0
4,1
8,3
16,53 km

Vista 95 veces, descargada 1 veces

preto de Figueroa, Galicia (España)

O percorrido desta ruta é claramente de dous tramos ben diferenciados, un que percore a ribeira del río Seixo,e outro que lévanos por una pista usada polos cazadores para as batidas. Tal foi así, que tivemos que dar volta polo ameazante perigo do que fumos advertidos polo vixilante armado………así que en lugar de subir polo monte e acabar no río, fixemos a ruta no sentido contrario ao noso desexo……….. O comenzo dende a praia fluvial, e seguindo a estrada descurre durante un pequeño tramo polo asfalto, desviándonos en dúas ocasións á dereita ata achegarnos á ermida que bendice a espectacular ponte e calzada romana de San Antón.Cconvén ollar dita testemuña do paso do imperio romano por Cerdedo.
Comezamos collendo una pista fronte á capela en lixeiro ascenso ata o barrio de Cabenca, e pasadas as casas poderemos ver a sinal que indica a ruta, ahí vaga a pena parar e ver una pequeña capeliña de Sta.Catalina que chama a nosa atención.
Teremos a levada sempre á nosa vista e o río Seixo rebosante de auga, divisamos na marxen contraria una fervenza caindo polo monte, o sendeiro lévanos por una fraga na que apareceránnos as pantasmas do que foron os muíños, tristemente sen restaurar. Pisamos una antiga pontella de pedra para pasar a outra orilla do río e seguiremos disfrutando e escoitando o rumor da auga por un sendeiro pegadiño á mesma ata un punto no que subimos ata unha pista, ao pouco rato a deixaremos de novo para retomar o espectacular sendeiro.
Pouco más adiante, cunha baranda de madeira hai un curto desvío que baixa ata a fervenza do Pozo Saguento apto para o baño dos que gustan facelo. De regreso ao sendeiro observamos desde un pequeño mirador o pozo e atopamos un panel informativo da Serra do Cando na que nos atopamos.
O sendeiro continua entre corredoiras, campos e paisaxes ancestrais ata a aldea de Cavadosa onde o río volta de novo a ruxir na ponte do pobo e ahí, cun fondo visual e musical, facemos o picnic.
Dende Cavadosa voltamo atrás polo asfalto ata a sinal do tramos dóus situada a mán dereita e comezamos una subida por una pista utilizada polos cazadores nas batidas da que solo cabe decir que disfrutaremos das vistas que ofrece. A uns cinco Qm. chegaremos á Meilide, e a súa capela da Nosa Señora de Loreto. Baixamos por corredoiras enchidas de pedras, musgo e auga con verdadeiro tento, xa algún cú dos nosos probou o duro chan. Nunha grande roca una placa fai mención a un poeta do lugar e observamos dúas lápidas conmemorativas ao mencionado.
En breve e de novo as árbores de ribeira adéntrannos na marxen do Seixo e acadamos a praia fluvial onde escomenzamos.
Comenzo e fin da ruta circular
Ermida, Calzada e Ponte Romana moi ben conservada.
Cumpre baixar ata o pozo por un sendeiro protexido de baranda.
Pobo que semella sen xentiña, non hai bar pero si unha zona de río estupenda para un descanso e picnic.
Atopámonos nunha pista sin maior interés excepto polas vistas que ofrece da Serra. Múltiples restos dos xabaríns na terra pero tamén das rodas dos coches dos cazadores. .........

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta