Tiempo en movimiento  2 horas 22 minutos

Tempo  6 horas 52 minutos

Coordenadas 1916

Fecha de subida 21 de octubre de 2018

Fecha de realización octubre 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
1.918 m
1.329 m
0
2,9
5,9
11,8 km

Vista 98 veces, descargada 1 veces

preto de La Baña, Castilla y León (España)

Ruta a uns lugares máxicos e grandiosos pero que, feita así, non é aconsellable polo que logo explicarei. Comezamos xunto á entrada dunha canteira (que por ser domingo estaba sen actividade), porén poderíase seguir cun coche normal ata un cruce que indico cun waipoint no retorno. Logo de atravesar por unha escombreira da canteira e de seguir un camiño, comeza a baixada cara ao teixadal pola aba do Alto de La Cabrilla. O descenso faise monte abaixo, seguindo uns paus e estantes de pedra, complicados de ver no medio das uces altas. Encontarmos, a media ladeira, un sendeiro aberto recentemente que logo descubrimos que podería levarnos (baixando en zig-zag por máis adiante) case a entrada do Teixadal. Parece indicado seguilo e evitar o resto de dura baixada. Déixoo marcado cun waipoint.
Xa na fraga de teixos, están marcados a choza refuxio dos guerrilleiros antifranquista e un carballo xigantesco (o de milenario habería que comprobalo). Subindo polo Teixadal, pódese contemplar a tenacidade destas árbores que se agarran á vida mesmo cando son derribadas ou partidas polos elementos.
Logo de saír do bosque de taxus, atopamos aínda outra choza e, máis arriba, crúzase o regueiro e aquí parte o carroucho que atoparamos na baixada. Aconsello seguilo e facer a volta por el e subir pola ladeira por onde baixaramos. Isto porque a partir de aquí é un traxecto longo por medio de monte alto, onde non hai sendeiros trazados, moi duro, empinado e mesmo perigoso en certos puntos. A certa altura, xa se pode ascender por terreo de penedos e pedregullo desprendido dos rochedos das cima. Incómo pero polo menos despexado de vexetación. Certamente este percorrido permite chegar ata a lagoa do Penedo (no momento da ruta, seca) pero non compensa a dureza e esforzo desta subida.
Dende a lagoa aínda queda un treito importante de forte subida ata o sendeiro que atravesa case no cima en dirección á Pena Trevinca. Esta subida tamén se fai monte a través, pero son uces baixas. Por ese sendeiro xa se retorna ata a ladeira de La Cabrilla onde comezaramos a baixar na ida.
O dito: o lugar é magnífico pero é preferible gozar del retornado por outros trazados.
Feita seguindo este track: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/teixadal-de-casaio-bosque-de-tejos-y-acebos-lagoa-do-penedo-26-05-13-y-09-04-17-4556044
  • Foto de Inicio
  • Foto de Inicio
Entrada a canteira de lousa.
  • Foto de Panorámica dende o comezo da baixada.
  • Foto de Panorámica dende o comezo da baixada.
  • Foto de Panorámica dende o comezo da baixada.
  • Foto de Poste
  • Foto de Poste
  • Foto de Poste
  • Foto de Estante
  • Foto de Sendeiro transversal.
  • Foto de Sendeiro transversal.
  • Foto de Sendeiro transversal.
Leva á parte alta do Teixadal aínda que nai un sendeiro en zig-zag ata a entrada inferior.
  • Foto de Teixadal
  • Foto de Teixadal 1
  • Foto de Teixadal 1
  • Foto de Teixadal 1
  • Foto de Cruce (sendeiro transversal pola parte baixa da ladeira).
  • Foto de Cruce (sendeiro transversal pola parte baixa da ladeira).
  • Foto de Teixadal 2
  • Foto de Teixadal 2
  • Foto de Teixadal 3
  • Foto de Teixadal 3
  • Foto de Teixadal 3
  • Foto de Teixadal 4
  • Foto de Teixadal 4
Teixo que matén a súa parte alta viva, descansando sobre doutras árbores, logo de ser partida polos elementos.
  • Foto de Cidade da selva
Nome co que os gurrilleiros "maquis" coñecían esta estación de refuxio.
  • Foto de Teixo
  • Foto de Carballo
  • Foto de Carballo
  • Foto de Fervenza
Pequeno salto de auga.
  • Foto de Chozo
  • Foto de Chozo
  • Foto de Chozo
  • Foto de Zona fodida
Toda esta zona, ata a lagoa e MOI DURA.
  • Foto de Bidueiral
  • Foto de Cavanco
  • Foto de Canal perigosa
O modo menos malo de subir é a través do cauce do regato SEMPRE QUE ESTEA SECO!
  • Foto de Penedía
  • Foto de Lagoa
  • Foto de Lagoa
  • Foto de Lagoa
Seca nesta época.
  • Foto de Sendeiro
  • Foto de Sendeiro
  • Foto de Sendeiro
  • Foto de Sendeiro
  • Foto de Val
  • Foto de Val
Perspectiva sobre o seguinte val, tamén arrasado pola canteira .
  • Foto de Foto
  • Foto de Acceso último con turismo
Ata este punto pódese vir con coche, mellor todoterreo.
  • Foto de Canteira
  • Foto de Canteira
  • Foto de Canteira
Vista sen a néboa matinal...

4 comentarios

  • Foto de mazaira

    mazaira 23-oct-2018

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Estupenda descripción y de imágenes de esta dura y difícil ruta

  • Tío_Pepe 23-oct-2018

    Moitas grazas. Un saúdo.

  • Foto de alexandrecanom

    alexandrecanom 23-nov-2018

    Certamenta a subida é complicada até o pedregal... Imos ter que procurar umha maneira de chegarmos a lagoa do Penedo máis facilmente. Alguén seguro que a sabe, ou teremos que buscá-la [email protected] Saúde!

  • Tío_Pepe 23-nov-2018

    O que teriamos/tería alguén é que abrir un carreiro. Aquilo é monte e non tén por que haber camiños doados ;-)
    Grazas por comentar. Saúdos.

Si quieres, puedes o esta ruta