Tempo  5 horas 39 minutos

Coordenadas 1231

Fecha de subida 4 de septiembre de 2012

Fecha de realización septiembre 2012

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
40 m
-4 m
0
3,9
7,8
15,59 km

Vista 6520 veces, descargada 136 veces

preto de Quintáns, Galicia (España)

As lagoas son as que se formaron pola extracción da arxila e caolín para a fabricación das tellas e ladrillos e que hoxe en día son pucharcas cheas de auga que serven de hábitat a numerosas aves. Estas telleiras chegaron a ser 28 en toda a enseada de O Grove - río Umia e na contorna facíase todo o proceso: obtención da materia prima, amasado e cocción.
O roteiro transcorre pola franxa intermareal do espazo de protección especial para aves e humedais no esteiro do río Umia e enseada de O Grove; comezando en Quintáns (Cambados) e meténdonos por un piñeiral que leva ata o borde litoral.
Pola ruta dos Alavancos pasaremos pola punta Correlo fronte a illa de A Toxa Pequena e bo sitio para observar alavancos, corvos mariños e parrulos cristados.
No Facho podremos ver tres antigas telleiras, algunha delas en bo estado. Conectamos coa ruta dos Mazaricos, un litoral privilexiado para o avistamento de aves limícolas e deseguido pasamos pola foz da Chanca, formada polo río homónimo e punto de gran riqueza de avifauna. Aquí, xa no concello de Meaño, tedes unha espazosa área de lecer para un pequeno descanso.
A poucos metros sitúase o Centro de Interpretación das Telleiras, do concello de Sanxenxo. Agora temos que afastarnos un chisco da ribeira por mor dunhas industrias que impiden o paseo litoral e baixamos de novo cara ao mar para ir entre as lagoas d´As Cachadas, onde se sacaba a arxila.
Rematamos na estrada que une Cambados con A Lanzada, a poucos metros da rotonda que hai no istmo.

Ver más external

árbol

Area de lecer

Pequena área de lecer en Coirón de Abaixo, Meaño.
árbol

Area lecer Foz da Chanca

Espazosa área de lecer na desembocadura do río da Chanca, Meaño.
árbol

Bosque mixto

Piñeiros, carballos.
Waypoint

Campo futbol

Campo de fútbol preto da desembocadura do río Carballas, Cambados.
Información

Centro Interpretacion

Centro de Interpretación das Telleiras, no concello de Sanxenxo.
Waypoint

Comezo

Comezo do roteiro en Quintáns, Cambados.
Waypoint

Conserveira

01-SEP-12 13:15:57
foto

Correlo

Punta Correlo.
Waypoint

Estaleiro

Estaleiro n´O Facho, Cambados.
Waypoint

Fabrica de ceramica

01-SEP-12 17:17:27
foto

Foz da Chanca

Esteiro do río da Chanca, Meaño.
Lago

Lagoas das Cachadas

Lagoas formadas pola extracción de arxila e caolín.
Ponte

Ponte Dena

Ponte na desembocadura do río da Chanca, en Meaño.
Río

Rego Barbosa

Rego que desemboca preto do Centro de Interpretación das Telleiras.
Río

Rego Carballa

Rego do concello de Cambados.
Río

Rego Francon

Rego nas lindes de Cambados e Meaño.
foto

Ruta Alavancos

Ruta de obsevación de aves por Correlo, en Cambados.
foto

Ruta Mazaricos

Ruta para a observación de limícolas.
Sitio arqueolóxico

Serradoiro

Serradoiro en ruínas.
Sitio arqueolóxico

Telleira 1

Telleira no Facho, Cambados.
Sitio arqueolóxico

Telleira 2

Telleira no Facho, Cambados.
Sitio arqueolóxico

Telleira 3

Telleira no Facho, Cambados.
Sitio arqueolóxico

Telleira 4

Antiga telleira.
Sitio arqueolóxico

Telleira 5

Antiga telleira.
Sitio arqueolóxico

Telleira 6

Antiga telleira preto do Centro de Interpretación.

3 comentarios

  • Foto de Lu-pintan

    Lu-pintan 14-may-2014

    Estimado jesussimon:
    Tengo en la recámara (el iphone) una pequeña ruta para subir que forma parte de esta tuya. Espero añadir algunas notas que enriquezcan un poco todo lo que has expuesto.
    Me han gustado mucho las imágenes, bien encuadradas y con un colorido muy ajustado. Se nota que la unión de buena cámara y mejor fotógrafo funciona a la perfección.
    Me alegro que hayas pateado esta maravilla de litoral, tan completo en todos los órdenes. Aunque se han recuperado algunas tejeras, establecido puntos de observación de aves, mejorado los senderos y creado un museo, lo que es digno de gratitud para los organismos que lo han realizado con nuestros impuestos (al César, lo que es del César) queda mucho por alcanzar.
    Todos los que contribuís desinteresadamente en dar a conocer internacionalmente estos parajes con encanto mediante la web tenéis el orgullo de contribuir a que otras personas puedan visitarlas y disfrutarlas, ya que de otro modo, posiblemente, pasarían de largo.
    ¡Enhorabuena!

  • Mila Abal 08-sep-2015

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Preciosa en todo su recorrido

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 08-sep-2015

    Gracias por vuestros amables comentarios, Mila y Lu-pintan.
    Saludos.

Si quieres, puedes o esta ruta