Sé el primero en aplaudir
Vista 295 veces, descargada 2 veces
preto de Tenorio, Galicia (España)
Partindo de Tenorio, a carón da biblioteca e da praza adicada a D. José Ramón Abal Varela, que foi o último alcalde do franquismo e o primeiro alcalde da democracia, que rexiu Cotobade durante décadas, continuamos ascendendo polo Mosteiro, para chegar ata o cumio do Monte Castelo, por un camiño recentemente desbrozado, coas súas casetas e os restos das fortificacións tapadas polas xestas, onde atopamos unhas fermosas covas debaixo dun grandes penedos, con formacións de coviñas no teito, algúnhas espectaculares. Dende o alto da caseta divisamos unha ampla panorámica do val do Lérez e da ría de Pontevedra. Continuamos por toda a chaira ata cruzar a estrada de San Xurxo a Carballedo e ascender ó Castro de Paraños, que está infestado de mimosas, que impiden unha visión global. Aínda así vislumbramos algúns restos das construccións orixinais. Despois voltamos polas brañas, asolagadas en inverno pero secas neste tempo, chegando ó foxo do lobo de Paraños, e voltando á pista principal, iniciamos o descenso hacia Tenorio, non sin antes contemplar a Cruz de Daniel, que parece ser foi feita por suscripción popular na honra dun pastor chamado Daniel que morreu de frio no monte, anque a historia deixa abertas algunhas incógnitas. Esta cruz que por fin atopamos, despois de varias tentativas, pensando por erro que estaría no alto dun coto ou nunha rocha elevada, pero en realidade atópase mesmo nun cruce de pistas forestais de cara o monte e nunha rocha bastante discreta, deixa máis preguntas ca respostas, cousa habitual nas nosas andainas.
Foto
Monumento a D, Jose Ramon Abal Varela, Moncho
Foto
Igrexa e Cruceiro de Tenorio
Foto
Bases de cruceiros no campo da festa de Tenorio
Foto
O Rinoceronte do monte Castelo
Foto
Cova no alto do monte Castelo
Foto
Coviñas no teito da Cova
Foto
Pozas no alto do monte
Foto
Castro de Paraños comido polas mimosas
Foto
Pedrafita nas Brañas de Paraños
Foto
Pilon para o gando en Paraños
Foto
Pilon para o gando en Paraños
Foto
Pilon para o gando en Paraños
Foto
Vista xeral de Viascón
Comentarios