Coordenadas 1282

Fecha de subida 7 de diciembre de 2012

Fecha de realización diciembre 2012

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
167 m
63 m
0
3,1
6,1
12,27 km

Vista 4696 veces, descargada 92 veces

preto de Regodeigón, Galicia (España)

Na provincia de Ourense son varias as instalacións de caldas existentes, sendo as Termas de Prexigueiro, no concello de Ribadavia, a última que ven completar o abano.
Levantadas nunha contorna preto da desembocadura do río Cerves, onde xa de antigo había outras edificacións adicadas ao mesmo fin, conta cunhas augas sulforosas e bicabornatadas que flúen arredor dos corenta graos con indicacións para problemas reumáticos e musculares.
O roteiro comeza en San Cristovo, en Ribadavia, e segue as correntes de auga dos ríos Avia e Miño.
A pouco do inicio acadamos as ourelas do Avia abeirado por unha vizosa arboreda de ribeira nunha zona con pozas formadas pola filtracións das augas do río e onde medra o xunco. Na área de lecer d´A Veronza o Avia represa para alimentar un antiguo muíño e seguimos baixando ata a desembocadura no Miño.
De esta ancho río, con augas da cola do encoro de Frieira, afastámonos para subir a Francelos e ver a súa capela prerrománica de San Xes, do século IX e considerada a segunda igrexa máis importante de España dese estilo.
Saímos de Francelos pola ponte medieval sobre o río Brul ou do Outeiro e pisamos a estrada uns trescentos metros para deseguido gañar algo de altura e albiscar Arnoia en fronte.
Entramos na zona antiga de Prexegueiro e entre casas tradicionais en pedra e con patín acercámonos a ermida de Santa Lucía para axiña enfilar para a zona termal, vendo as novas instalacións e máis as pozas de augas caldas nas beiras do río Cerves. É o intre duns merecidos cálidos folgos.

Ver más external

Antigua edificación do balneario de Prexegueiro.
Área recreativa en Ribadavia a beira do río Avia.
Área recreativa na parroquia de Francelos.
Área recreativa en Prexegueiro.
Importante capela prerrománica do século IX situada en Francelos.
Ermida situada en Prexegueiro.
Punto de inicio da ruta, no parque empresarial de San Cristovo, Ribadavia.
Cruceiro nas rúas de Francelos.
Cruceiro situado en Prexegueiro.
Desembocadura do río Avia no Miño.
Fonte nas rúas de Francelos.
Fonte en Prexegueiro.
Fonte en Prexegueiro, a carón da capela de Santa Lucía.
Parroquia do concello de Ribadavia as beiras do río Miño.
Ruinas dun muíño no río Avia, en Ribadavia.
Muíño en ruínas en Ribadavia.
Muíño no río Cerves a carón do antigo edificio das termas de Prexegueiro.
Ponte de pedra e medio punto n´A Veronza, Ribadavia.
Ponte medieval en Francelos sobre o río Brul ou do Outeiro.
Pozas de auga quente en Prexegueiro.
Concello ourensán capital da comarca do Ribeiro.
Este afluente do Miño nace na Serra do Suído e desemboca logo de 37 Km en Ribadavia.
Río que desemboca no Miño en Francelos. Chámase tamén río do Outeiro.
É o río máis caudaloso e longo de Galicia, con 310 Km.
Novas instalacións das Termas de Prexigueiro.

4 comentarios

  • Guille101 13-nov-2015

    Hicimos esta ruta el 12 de noviembre de 2015, y está muy bien, llevadera, paisajes muy bonitos y el final en el río donde surje el agua "azul" de Presigueiro. No tiene pérdida.

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 15-nov-2015

    Gracias por tu comentario, "Guille101".

  • Tío_Pepe 03-dic-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Só recorrín parte da ruta, dende Ribadavia, a fin de facela circular (modificando partes). A zona e bonita e ten moitos elementos de interese. Aínda que pasaron seis anos, os camiños seguen estando transitables. É unha ruta asequible e amena. Grazas por compartila.

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 03-dic-2018

    Grazas a ti, Pepe, polo comentario.
    Saúdos.

Si quieres, puedes o esta ruta