• Foto de Terra de Montes 2: Roteiro de Gobras
  • Foto de Terra de Montes 2: Roteiro de Gobras
  • Foto de Terra de Montes 2: Roteiro de Gobras
  • Foto de Terra de Montes 2: Roteiro de Gobras
  • Foto de Terra de Montes 2: Roteiro de Gobras
  • Foto de Terra de Montes 2: Roteiro de Gobras

Coordenadas 23077

Fecha de subida 23 de abril de 2019

Fecha de realización abril 2019

-
-
822 m
551 m
0
4,4
8,8
17,6 km

Vista 19 veces, descargada 0 veces

preto de A Madalena, Galicia (España)

Para empezar unha advertencia: Este non é un percorrido homologado, nin homologable.
A súa deficiente marcaxe e o nulo mantenemento fan que sexa un roteiro difícil de seguir se non se dispón de mapa topográfico e/ou gps.
Unha mágoa, porque a zona ben o merece.

Aínda que a fixen a pe, é un trazado especialmente apto para a bici de montaña.

O roteiro escomeza ao lado do CEIP Soutelo de Montes, ónde atoparemos un panel informativo moi limitado: inexistencia de cartografía ou código para poder descargar a ruta.
Os problemas empezan aos poucos metros da saída, posto que o trazado carece das habituais marcas de senderismo e as balizas e postes sinalizadores, si os houbo, fai tempo que desapareceron.
Guiándonos polo sentido común e non polo trazado máis marcado, imos atopando o camiño que nos leva ata Outeiro e Sanguñedo.
En Sanguñedo, un labirinto de cruces fai que optemos por interpelar a unha veciña que nos indica a mellor maneira de saír do lugar cara a caseta forestal.
Fóra da aldea a cartografía do IGN, instalada na app Mapas de España, permítenos acadar a caseta forestal, o punto máis alto da ruta, sen maiores contratempos.
Atravesada a Chan de Espiledo, cara o parque eólico de Magalán, segundo contratempo: o poste indicador indica que hai que desviarse cara a dereita para ir ata as neveiras de Fixó. Tarefa imposible, o camiño está impracticable polo que hai que seguir pola pista do parque eólico en dirección a mámoa do alto de Rofete.
Dende a distancia vou pensando no cerca que está un dos aeroxeneradores do que presumo é a mámoa de Rofete. A avaricia eléctrica é insospeitada!
Paso de longo coa intención de visitar a mámoa a volta.
Chego co lusco fusco ao mirador de Grobas. As vistas son alucinantes, incluso co tendido da alta tensión!
A baixada ata o río de Malpaso queda para outro día.
Xa de volta, visito as impoñentes neveiras de Fixó e apreto o paso para non contemplar por moito tempo a desfeita que unha excavadora perpetrou no alto de Rofete: a mámoa está arrasada en boa medida!
En Vilariño tomo a estrada PO-7202 en dirección Sanguñedo e o pouco tempo descubro o indicador do roteiro dos muíños de Vilariño.
A entrada en Soutelo de Montes faise pola zona da Madalena.
Información

Inicio

Panel de información situado ao lado do CEIP Soutelo de Montes
Ponte

Ponte

Intersección

Cruce

Intersección

Cruce

fuente

O Outeiro

Intersección

Cruce

Intersección

Cruce

Waypoint

Lavadeiro

Intersección

Cruce

Intersección

Pista forestal

Intersección

Cruce

Información

Sinal mirador

Intersección

Cruce

Información

Sinal mirador

Intersección

Cruce torreta

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta