Coordenadas 1772

Fecha de subida 30 de octubre de 2012

Fecha de realización octubre 2012

-
-
682 m
430 m
0
4,3
8,6
17,29 km

Vista 2801 veces, descargada 70 veces

preto de Corredoira, Galicia (España)

No territorio deste "couto do abade", nas mans antigamente dos Benedictinos de Tenorio, distínguense dúas zonas diferenciadas: as Terras Baixas, arredor do río Lérez, e máis as Terras Altas, que son as que nós imos coñecer neste roteiro.
O río Almofrei coas súas fontes no lendario monte do Seixo, na serra do Cando, será o vertebrador das parroquias de Corredoira, Caroi e Loureiro, metas da nosa andaina.
Calzamos as botas no adrio da igrexa de planta basilical de San Gregorio de Corredoira e por unha congostra abeirada polos muros de pedra que fan de lindes das leiras enfilamos a O Casal e a O Meixueiro, sempre con verdes praderíos.
Cruzamos o río Almofrei nunha zona onde hai un área de lecer e pola súa ourela mergullámonos nun frondoso bosque de ribeira. Pasamos por unha pontella de pedra e subimos para Caroi e aquí veremos primeiro a igrexa de Santiago, con bóveda de medio canón, e logo de pasar unha praciña arborada con seu cruceiro temos a capela do Neno Xesús.
Seguen máis corredoiras que fan de nexo dos lugares O Porto, Cima de Vila, A Casola e Bouzas con bosquetes de frondosas e remontamos polas marxes do rego Seco para xa andar polas abas da serra do Cando entre piñeiros.
Perdemos altura para pasar pola ermida da Virxe das Neves, na freguesía de Loureiro e nos lugares de O Beseiro e A Chan ollamos ruinosas casas de patín.
Por unha vizosa carballeira procuramos de novo o Almofrei para conectar co Sendeiro do Foxo do Lobo, nun treito que salienta pola súa fermosura. Pasamos dous muíños e cruzamos o río pola ponte de medio punto e, abandonando o sendeiro homologado, rematamos na estrada, antes da fonte do Atalliño, e a un quilómetro e medio de onde comezamos, a igrexa de San Gregorio de Caroi.

Ver más external

Lugar da parroquia de Caroi.
Lugar da parroquia de Loureiro.
Lugar da parroquia de Caroi.
Área de lecer as beiras do río Almofrei. Ten mesas e unha piscina.
Lugar na parroquia de Caroi.
Ermida preto da praciña de Caroi.
Ermida na parroquia de Loureiro.
Parroquia no norte de Cotobade.
Lugar da parroquia de Caroi.
Fonte no lugar de O Casal, en Corredoira.
Fonte no lugar de O Casal, en Corredoira.
Fonte na praciña de Caroi.
Fonte no lugar de Bouzas, Caroi.
Fonte no lugar de O Beseiro, na parroquia de Loureiro.
Fonte na estrada, preto de A Anta, Corredoira.
Fonte no lugar de A Chan, Loureiro.
Fonte no lugar de A Casola, Caroi.
Igrexa parroquial de San Gregorio de Corredoira, Cotobade.
Igrexa parroquial de Santiago de Caroi, Cotobade.
Lugar na parroquia de Corredoira.
Lugar na parroquia de Loureiro.
Lugar da parroquia de Corredoira.
Lugar na parroquia de Caroi.
Lugar da parroquia de Loureiro.
Tributario do río Lérez e que atravesa o concello de Cotobade.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta