Traducción/Translation/Traduction: oajmer@gmail.com
Ruta que percorre as Torrentes de Mácara, as ruínas do Balneario de Frádegas, a canle de principios do século XX, o pobo e a ponte de Ramil, o castro de Remonde, o castelo e o pobo de Pambre e volve ao punto de inicio por un camiño empedrado.
O desvío para o punto "04 Castro de Remonde-Mirador" rodea ao castro e lévanos a unha altura sobre o castelo de Pambre. O castro está ás nosas espaldas inda que chegar a el pode ser dificultoso pola vexetación. No seguinte desvío "05 Murallas" pode subirse ata o outro extremo do castro.
Concellos de Palas de Rei e Agolada.
Para ver imaxes, ir a :
Ríos Pambre e Ulla
José A. Armesto 3 jul 2014
Actualización de xullo 2014:
1. Desde o inicio ao Balneario de Frádegas: Camiño visible case sempre inda que con sitios dubidosos. Moita precaución sempre pola humidade nas pedras.
2. Desde o Balneario de Frádegas a Ramil: NON RECOMENDO SEGUIR O TRACK. Camiño cheo de vexetación. Na primeira parte que vai por sendeiros de pescadores á beira do río inda se pode andar con relativa comodidade a pesar das silvas inda que o final é complicado por andar sobre rochas algo húmidas. Na segunda parte, que vai pola canle, tramos de centos de metros con fentos enormes combinados con silvas e algún toxo (que sorte! non había ortigas) fan que sexa bastante agobiante este tramo. Recomendo ir desde o balneario ata Ramil por pistas.
3. Subida ao castro de Remonde. Bastante difícil de visitar pola vexetación (toxos principalmente).
4. Non coñezo o estado actual do tramo desde o pobo de Pambre ata o final xa que non o puidemos facer.
Marcos_legaspi 8 jun 2015
Actualización xuño 2015
O estado actual segue sendo bastante complicado debido a vexetación. O inicio da ruta pódese facer igualmente con relativa normalidade agás o tramo final que pode resultar confuso pola cantidade de vexetación.
Dende o Balneario de Frádegas, pareceume inviable seguir o track orixinal se non queres perdela paciencia e o tempo abrindo camiño entre as silveiras. A mellor opción, por non decir a única, e ir por pista.
A subida ao castro e remate da ruta é viable, non sei se por vir do intento de abrirse camiño ata Ramil que xa parecía todo máis doado.
José A. Armesto 8 jun 2015
Grazas pola túa actualización.
Adega ten prevista algunha actuación no castro xa que comprou os terreos. É posible que xa limparan algo, pero non volvín alí desde hai un ano. O de Adega pode mirarse aquí, inda que non din moito:
http://adega.gal/web/novas.php?id=346&idioma=gl&sec=7
Saúdos
Verodelvalle 5 feb 2018
He realizado esta ruta verificado Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Moderado
Hola.
Gracias por la información.
La ruta que intentamos seguir iba genial hasta el momento en que las zarzas y los tojos nos impidieron seguir. Cruzamos hasta la carretera por un muro. Claro que no era culpa de la mala señalización sino de que desde el momento en que la hizo el autor hasta anteayer que la hicimos nosotros, la maleza se adueñó del lugar.
El entorno es genial.
José A. Armesto 5 feb 2018
Ola, non volvín desde o 2014 pero xa vexo que non mellorou. Podes aclarar máis onde foi que abandonastes o track?? Para que se alguén quere facer a ruta o teña en conta e xa non intente ir por ahí. A última vez que fun non puiden facer a ruta enteira polo tempo que perdín na zona do canal.
Saúdos e grazas por comentar
Verito del Valle 6 feb 2018
Ola, de novo.
O certo é que nos déche-la vida porque coa túa info foi sinxela de seguir. De feito, se lle puxen en dificultade "moderada" non foi por tal senón porque tardamos moito buscando opcións. Un pouco, polo que dis, o que che pasou a ti.
Pois mira, o tramo no que nos tivemos que desviar e atravesar por un valo dun mato (non llo recomendo a ninguén pois parte do muro cedeu) foi entre a aldea de Pambre e a ponte na que comeza a subida ás torrentes de Mácara, onde a empezaches ti, penso. Iamos seguindo un camiño forestal pero nun punto deste, a uns douscentos metros (penso eu) de chegar á estrada, non puidemos seguir. Había toxeira moi alta. De feito, picámonos. Eu non moito pero...
Nós comezamos no castelo de Pambre.
Tampouco a rematamos porque ademais de xa saírmos tarde, perdemos moito tempo buscando camiño.
Non sei se aclaro un pouco máis onde foi.
Verito del Valle 6 feb 2018
Quixera enviarche unha imaxe pero non sei se podo, nin como se fai.
José A. Armesto 5 sept 2018
Ola, perdoa o retraso, acabo de ver o comentario ao volver mirar a ruta. Para enviar unha foto, ou ben polo correo que aparece no meu perfil ou colgala na túa ruta, e indicándome cal é.
Saúdos
Carambainas 24 abr 2022
Ruta feita en abril 2022, tres adultos con dous nenos de 6 e 8 anos moi andarines, saimos do castelo ata Ramil para despois coller o canal, o canal o chegar o chouso uns 400 metros do balneario de fradegas se pechou o camiño e tuvimos que subir cara a pista, despois volta dende Frádegas baixando o rio polo lado dereito algún tramo complicado de seguir pero se chega o final e merece moito a pena. Xa cansados non collimos para aldea de pambre porque o camiño parecia moi pechado e seguimos pola estrada ata o castelo.
José A. Armesto 24 abr 2022
Grazas pola actualización. Non volvo por alí hai moitos anos pero é unha pena que unha ruta que en principio non debería ser difícil de manter limpa con pouco traballo, estea así como está (excepción do tramo das Torrentes que entendo que se necesitaría máis inversión pra facela apta e segura a todos os públicos).
O concello podía poñerse as pilas porque a zona merece a pena.
Saúdos