Descargar

Lonxitude

10,9 km

Desnivel positivo

439 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

445 m

Altitud máxima

406 m

Trailrank

47

Altitud mínima

334 m

Tipo de ruta

Circular

Tempo

3 horas

Coordenadas

671

Fecha de subida

30 de septiembre de 2009

Fecha de realización

septiembre 2009
Sé el primero en aplaudir
6 comentarios
Compartir
-
-
406 m
334 m
10,9 km

Vista 7030 veces, descargada 143 veces

preto de Hombreiro, Galicia (España)

Ruta que recorre os camiños de pescadores polas dúas beiras do río. A única complicación son as silvas e ortigas dalgunhas zonas, sobre todo na beira esquerda do río inda que a beleza da paisaxe compensa os arañazos. Imprescindible pantalón longo. A pesar do debuxo do perfil, é completamente chá.
Outras rutas do río Miño:
De Ombreiro a Adai,
Prehistoria en Adai,
De Ombreiro ao Piago,
Ruta das Insuas,
Lagoa de Cospeito
Se as descargas todas en Google Earth poderás velas xuntas. Feita en setembro de 2009.
Senderismo

Caneiro

Sitio arqueolóxico

Muíño

Sitio arqueolóxico

Muíño de Castelo

Sitio arqueolóxico

Igrexa de Meilán

Fermosa igrexa, inda que a vista desde o río non é a mellor. Merece a pena desviarse uns metros para vela.
Árbol

Insua

Árbol

Insua de Meilán

Unha das maiores insuas desta zona do río.
Sitio arqueolóxico

Ruinas dun muiño?

Senderismo

Campo de fútbol

Para entrar basta con empuxar unha cancela, a maleza impedía continuar pola beira do río. É recomendable saír un pouco antes á estrada.
Senderismo

Antiga planta potabilizadora de Lugo

6 comentarios

  • taliesingz 1 may. 2017

    Eu fagoa ao revés, desde o campo de futbol despois da antiga depuradora e vou cara a marxen esquerda. Agora mesmo non hai demasiadas silvas. Na marxen esquerda a partir do km 8, mais ou menos, hai paralela à beira do Miño unha pista de senderismo para quen estexa "cansa" dos camiños de pescadores, ainda que eu prefiro seguer pola beira case ate Ombreiro.
    Decir que ainda que aumenta a ruta algo menos de 2 km, entrar na insua de Meilán por calquera dos dous pasos que nesta época están secos, merece a pena, xa sexa para perder-se por ela un tempo ou facer-lle as marxes, imprencindible levar un pao polas silvas, mas moi recomendable.
    E na torreta que marcas no km 4,5, eu recoomendo desviar-se cara arriba ate o camiño que vai polo lateral da Igrexa de Meilán e continuar pola estrada o percorrido que falta, porque os campeiros que hai a continuación (uns 400 metros) están moi anegados, e é unha mágoa. Teño pendente ver se hai algún camiño practicable cara o final da Igrexa de Meilán porque esa zona tamén é fermosa.

    Un bon traballo Jose.
    Saudos

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 2 may. 2017

    Grazas polo teu comentario. Hai tempo que non vou polos camiños máis pegados o río, así que non sei como están. Supoño que dependerá dos pescadores.
    Nunca entrei na insua de Meilán (ou polo menos hai tanto que non estou moi seguro) pero intentareino algún día cando o río haxa pasos.
    Saúdos

  • taliesingz 16 ago. 2017

    Logo dun par de meses de non fazer a ruta, hoxe repetin. no mesmo sentido. Desde o final da insua de Meilan ate case a igrexa hai unha maraña de silvas, ortigas e fentos de 2 metros, pasar pasei, pero unha hora para facer eses 500 metros e acabei ortigado, pinchado e cortado.
    A alternativa é que ao rematar a insua de Meilán se colla o camiño que sube às aldeas e dai baixar á igrexa de Meilán.

    O resto do camiño tamén ten algunhas silvas pero non complicado.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 17 ago. 2017

    Está claro que para percorrer camiños de pescadores o mellor momento é ao principio da temporada de pesca, polo menos en moitos deles :-((

  • taliesingz 18 may. 2018

    Esta ruta volta a estar aberta de maleza. Hai que aproveita-lal.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 21 may. 2018

    Grazas pola actualización!!

Si quieres, puedes o esta ruta