Coordenadas 378

Fecha de subida 17 de marzo de 2010

Fecha de realización marzo 2010

-
-
414 m
386 m
0
3,7
7,4
14,88 km

Vista 8522 veces, descargada 162 veces

preto de Pacios, Galicia (España)

AVISO: a parte da ruta que bordea o río Ladra está en gran parte comesta polas silvas. Aparte no inverno pode haber bastante auga. Ler os últimos comentarios.

Esta ruta completamente chá recorre zonas pertencentes á Rede Natura Parga-Ladra-Támoga. O río Ladra é un dos principais afluentes do Miño na provincia de Lugo.
A ruta parte da pista que rodea á lagoa de Riocaldo (ou do Pedroso) polo sur e vai rodeando esta lagoa en sentido antihorario. Na lagoa poden atoparse varias especies de aves acuáticas segundo a época do ano. Ao chegar á autovía A-6 séguese paralelo a ela cara a esquerda ata atopar un novo paso baixo a mesma e continúase ata chegar ao río Ladra. No caso de non querer facer o tramo anterior, este podería ser un bo punto de partida. Logo o camiño segue río arriba por sendas que bordean o río. A zona está incluída no couto de pesca de Pígara. A partir do cartel do couto haberá que cruzar varias veces sobre regatos, tamén na outra beira do río. Estes cruces segundo a cantidade de auga poden chegar a ser complicados. A maioría están marcados como "Regato". A ruta segue ata unha zona onde se desvía do río e segue por camiños máis anchos, e ao chegar á altura dunhas casas desvíase cara a esquerda e logo volve desviarse á dereita por un camiño ancho e parcialmente empedrado para evitar a lama. Este tramo desemboca na ponte de Porucelo e xusto despois vólvese coller a beira do río para volver ao punto de partida. Esta parte do camiño é case sempre moi clara inda que é tan só unha senda estreita. Sáese á N-VI onde outra ponte permítenos cruzar de novo o río e xa por pistas anchas volvemos ao punto de partida.
A ruta contén arborado en toda a lonxitude do tramo do río, con vexetación de ribeira e bosque de inundación, ademais hai unha gran cantidade de avifauna e poden chegar a verse corzos e algunha lontra.
Considereina moderada polos tramos encharcados ou enlamados e pola gran cantidade de ramas e árbores caídas durante este inverno e que dificultan nalgúns momentos a camiñada.
Feita en marzo de 2010.
Outras rutas da zona:
De Ombreiro a Adai,
Prehistoria en Adai,
De Ombreiro ao Piago,
Ruta das Insuas,
Lagoa de Cospeito
Río Ladra e lagoas de Riocaldo
panoramica

01 Casa abandonada

sendeirismo

02 A-6

sendeirismo

03 Paso baixo a A-6

sendeirismo

04 Inicio alternativo-ponte A-6

sendeirismo

05 Inicio couto de Pígara

sendeirismo

06 Regato

sendeirismo

07 Regato

sendeirismo

08 Regato

sendeirismo

09 Regato

sendeirismo

10 Regato

foto

11 Caneiro

refugio

12 Barrio (Sta. Mariña)

sendeirismo

13 Camiño empedrado

sendeirismo

14 Camiño con auga

sendeirismo

15 Ponte de Porucelo

Sitio arqueolóxico

16 Muíño de Gaioso

sendeirismo

17 Regato

sendeirismo

18 Ponte artesanal

sendeirismo

19 Regato

sendeirismo

20 Ponte de cemento

sendeirismo

21 Regato

sendeirismo

22 Ponte na N-VI

13 comentarios

  • zura 25-ago-2010

    espero ke me guste y no perderme es mi primera ruta

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 26-ago-2010

    ola, non é difícil seguila porque sempre terás o río como referencia, o principal problema pode ser a vexetación que nalgún caso podería dificultar o avance. Xa me contarás como che foi, espero que a disfrutes.

  • zura 05-sep-2010

    Hola ya hizimos la ruta, sino eres de la zona y decides emprender la ruta en la casa abandonada es complicado encontrar el cauce del rio porque no dice que tengo que cruzar la A6 en ningun momento, y sino la cruzas no encuentras el rio. Una vez que encuentras el cauce se complica mucho el ir rio arriba por el mal estado de la zona.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 06-sep-2010

    Ola, o cruce da autovía vese claramente no track aparte de que o waypoint 3 chámase "Paso baixo a autovía". No texto tamén se di "Ao chegar á autovía A-6 séguese paralelo a ela cara a esquerda ata atopar un novo paso baixo a mesma e continúase ata chegar ao río Ladra. "
    En canto ao mal estado da zona xa está tamén avisado no texto e é debido á vexetación que ten o mal costume de medrar en primavera e verán.
    Lamento que non a disfrutaras.
    saúdos

  • Foto de cesareo_gallego

    cesareo_gallego 25-abr-2011

    Hicimos la ruta a principios de abril 2011. La parte que sube por el margen derecho del río es muy bonita y está bien pero la que baja por el margen izquiero está totalmente impracticable obligándonos a volver por carretera.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 26-abr-2011

    Estaba practicable pero con cautela hai un ano, e xa sabes como medran as plantas aquí como se lles deixe ao seu aire. Este é un dos males do sendeirismo galego :-(
    grazas polo teu comentario.
    saúdos

  • Foto de cesareo_gallego

    cesareo_gallego 26-abr-2011

    Creo que si hubiésemos vuelto hacia el río a medio camino de vuelta la última parte ya estaba otra vez practicable. El problema es que al volver por carretera uno se aleja bastante y los dos intentos que hicimos de volver al río terminaron de nuevo en un camino bajo un palmo de agua.

  • Foto de JulioCésar

    JulioCésar 23-oct-2011

    Hola a todos.
    Intentamos hacer la ruta el 22 de octubre del 2011, pero la enorme cantidad de zarzas y demás vegetación la hacen desagradable. ¡Qué lástima!, porque el entorno es precioso. Ojalá se acondicione algún día.
    En cualquier caso, gracias a jose (oajme) por "descubrirnos" estos tesoros.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 24-oct-2011

    ola, lamento os problemas. Supoño que os únicos que poden limpar un pouco eses camiños serán os pescadores, así que se podería probar de novo despois da temporada de pesca, pero tampouco é nada seguro.
    :-(
    saúdos

  • Foto de decalo

    decalo 17-mar-2014

    Intentamos facela o fin de semana pasado. Xa facía uns días que non chovía pero atopamos moita auga, tivemos que dar volta pola estrada. Ademáis, a senda está moi pechada de silvas e toxos. É unha pena pois a ruta é moi bonita.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 17-mar-2014

    Habería que montar uns "comandos antisilvas" porque nos están comendo os camiños todos :-((

  • Foto de Sectoresdefogo

    Sectoresdefogo 11-sep-2016

    10/9/2016. Intentamos facela pola marxe dereita do río Ladra desde a N VI en sentido horario, pero tivemos que desistir a escasos 2 km porque as zonas de maleza espesa son abundantes. O acceso aos Pozos do Ollo tamén está impracticábel. É unha mágoa polo interese e a beleza do bosque de inundación e a importacia xeolóxica dos Pozos do Ollo.
    Perto temos a Ruta dos Caneiros (que vai da Estación de aforo e o clube fluvial de Begonte á área recreativa de Baamonde). Esta si que está limpa neste momento e en bastante bo estado de conservación. Permítenos observar tamén bosques de inundación.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 11-sep-2016

    Grazas polo voso comentario, é unha mágoa que se boten a perder os camiños así. Xa metín un aviso ao principio da descrición porque nos 6 anos que van desde que a fixen a cousa parece ir a peor. Saúdos

Si quieres, puedes o esta ruta