-
-
315 m
0 m
0
3,8
7,7
15,3 km

Vista 4457 veces, descargada 38 veces

preto de Louro, Galicia (España)

Endexamais un proxecto arqueolóxico imbricou e asemade ilusionou a tanta xente entre a poboación veciña dun xacigo, conseguindo movilizar a decenas de entusiastas voluntarios que traballaron arreo para sacar a luz o que había soterrado no Monte do Castro, en Lira.
A Torre dos Mouros é un recinto de gran tamaño que está fortificado por duas liñas de valados de pedra e que ten unha cronoloxía incerta arredor da Idade Media. Considérase que non existíu un asentamento estable ao non acharse restos habitacionais e que se usaría como lugar seguro ante incursións de piratas. Está situado sobre un outeiro con cotas sobre os trescentos metros e con amplias vistas ao lonxe, tendo as súas murallas unha lonxitude de 574 m.
Desde aquí teremos fabulosas vistas sobre a fermosa praia de Carnota, o mítico Monte Pindo, Fisterra e o Monte Louro, ou sexa, goce visual aos catro ventos.
O roteiro proposto comeza preto de Ancoradoiro, na praia de fina area de Lariño da que recorreremos os seus dous quilómetros para abandonala pola punta do faro. Por Lariño iremos gañando altura ata poñernos por riba de Lira no seu mirador. Enfilamos cara a Torre dos Mouros, entrando no seu recinto amurallado pola calzada empedrada e unha vez visto o xacimento continuamos pola Senda Verde e, pasada a área de lecer, baixamos a procura do Castro de Mallou e, como non podía se doutro xeito, camiñamos un treito da senlleira praia de Carnota, rematando no aceso da praia que leva ao centro urbano

Ver más external

Punta que separa Lariño de Monte Louro.
Aparcamiento
Área de lecer situada na parte alta de Mallou. Hai unha fonte.
Rego que pasa por Lariño.
Entrada a Torre dos Mouros.
Castro no lugar de Mallou, Carnota.
Ac-550
Faro na punta da praia de Lariño
Fonte na área de lecer en Mallou.
Fonte en Lariño.
Parroquia de Carnota.
Lugar de Carnota.
Miradoiro por riba de Lira, con área de lecer.
Muíño en Mallou.
Pasarela que baixa do faro a praia de Lariño.
Areal con sete quilómetros de longo.
Ten dous quilómetros de longo.
Regueiro que baixa por Mallou.
Senda por riba de Carnota.
Xacigo da Idade Media.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta