• Foto de Torrentes de Mácara , Marcos Fernández Guerreiro
  • Foto de Torrentes de Mácara , Marcos Fernández Guerreiro
  • Foto de Torrentes de Mácara , Marcos Fernández Guerreiro
  • Foto de Torrentes de Mácara , Marcos Fernández Guerreiro
  • Foto de Torrentes de Mácara , Marcos Fernández Guerreiro
  • Foto de Torrentes de Mácara , Marcos Fernández Guerreiro

Tempo  3 horas 26 minutos

Coordenadas 1377

Fecha de subida 11 de abril de 2018

Fecha de realización febrero 2018

-
-
538 m
389 m
0
2,0
4,0
7,96 km

Vista 55 veces, descargada 4 veces

preto de Remonde, Galicia (España)

Ruta nas Torrentes de Mácara
De tipo lineal, cunha distancia de 8 km e de unha duración de 3h20 min, con pouco desnivel.
Saimos Do Castelo de pambre , pasando polas Torrentes de Mácara hasta o Balneario de Fradegas.
Realizada o día 24-3-2018 nun grupo de 11 personas da empresa Acle Clima de Sada.

• Castelo de Pambre-Ponte de Pedra:
Saimos desde o Castelo de Pambre, por un sendeiro que está ao lado do castelo. De bo aceso e sen dificultade maior, ese camiño condúcenos hasta o río. Unha vez alí vemos unha ponte nova pero esa non a temos que coller, senón que temos que seguir por un sendeiro de pecadores . Este sendeiro xa e algo mais difícil, pero andase ben so con un pouco de coidado. Atravesamos por un muro ao lado dun canle de auga e seguimos polo sendeiro de pescadores hasta chegar a Ponte de pedra.
Neste tramo desfrutaremos do río e dunha abundante vexetación de ribeira.
A altitude no castelo de Pambre e de 487 metros e na Ponte de Pedra de 463m pola tanto descendemos 24 metros, un tramo de 1,1Km de dificultade baixa.
Tempo estimado de percorrido de 20 minutos.

• Ponte de Pedra – Cascada:
Unha vez pasada a Ponte de Pedra collemos un sendeiro moi evidente fácil de transitar e desviámonos do río. Seguiremos por ese camiño, hasta un cruce ondea ai unha pedra enorme, e colleremos o sendeiro da dereita. De aí, nun kilometro e medio, o camiño atoparase con polas cortadas e algo embarrado por culpa da quita de arbores. Seguimos camiñando hasta chegar a carreteira, andamos costa baixo un tramo de 300m e collemos dirección Torrentes de Mácara por un camiño adoquinado que atoparemos a dereita. Mais adiante volverase ao sendeiro natural e veremos paneis informativos das torrentes e da flora e fauna do lugar. A partir deste punto haberá que tomar máis precaucións xa que hasta cascada iremos por un sendeiro onde atravesaremos penedas pedras e raíces de arbores que dificultan a marcha.
Neste tramo desfrutaremos da flora do interior de Galicia e tamén das Torrentes de Mácara e a súa máxica configuración que lle da o entorno.
Ponte de pedra ten unha altitude de 463m e a Cascada de 426m, pola tanto descendemos uns 37metros, nun tramo de 3,76Km de dificultade baixa e algo máis difícil cara o final.
Levaranos 1hora e 20 minutos aproximadamente.

• Cascada – Balneario de Frádegas
Unha vez pasada a Cascada empeza o tramo máis difícil pero así mesmo o máis bonito. Temos que subir por un sendeiro de pedras ao lado da cascada e despois continuaremos un tramo de 2km aproximadamente seguindo sendeiros de pedras ao lado das torrentes, onde haberá tramos que teremos que estremar as precaucións xa que atravesaremos por penedas esvaradías ao lado río. Na metade deste percorrido veremos un muiño abandonado.
Finalmente atravesaremos uns prados que nos levaran a un camiño de terra e ao Balneario de Frádegas , onde veremos as augas xofradas.
E o tramo máis fermoso da ruta. Desfrutaremos de unas vistas impresionante das torrentes e da riqueza natural dos bosque de ribeira rematando no balneario de augas xofradas de Frádegas.
A cascada esta a unha altitude de 426m e o balneario de 510 m, pola tanto ascendemos uns 84 m.
A dificultade media alta, pola complexidade do camiño, e a duración de case dúas horas.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta