-
-
1.408 m
816 m
0
4,5
9,0
17,91 km

Vista 1950 veces, descargada 35 veces

preto de Tourém, Vila Real (Portugal)

Esta ruta sae da aldea portuguesa de Tourem e sube polo lado galego cara o Pisco. Pasamos por unha cativa carballeira e imos sair a un tramo de pista e pastizais de serra para encarar a subida ao albergue do Pisco e de aí, por un camiño que coincide coa raia fronteiriza chegamos a punto máis alto, case 1.400 metros de altitude,, onde nas ruínas do que foron unha torre de vixianza cravaremos a nosa bandeira, culminando así a ascensión. Unhas vistas increibles cara o val do Salas e das serras de Queguas e Laboreiro. Veremos tamén as montañas nevadas (se é o caso) de manzaneda e Xinzo de Limia, a antiga canteira... Interese paisaxístico para non perderse.
A continuación baixaremos polo lado portugués, divisando durante un bo tramo a pintoresca aldea de Pitoes das Junias e adentrándonos en monte no que os animais deixan os camiños marcados. Divisaremos entón de novo a aldea de Tourem e a propia orientación levaranos ata outro camiño entre pastos pechados con muros de pedra e por un camiño chego de auga pero que fixeron un paso de pedra para non mollarse.
A ruta remata no mesmo punto, en Tourem, onde poderemos ver o forno, a igrexa, a praza e a calsa do balcón das mazorcas ao sol.

Unha ruta de baixa dificultade e cun interese paisaxístico importante.

1 comentario

  • BalinMuiños 08-abr-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Magnificas vistas. Lastima que parte de la zona fuese debastada por los incendios.

Si quieres, puedes o esta ruta