Tempo  8 horas 20 minutos

Coordenadas 452

Fecha de subida 26 de abril de 2015

Fecha de realización marzo 2015

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
598 m
433 m
0
3,4
6,7
13,45 km

Vista 2754 veces, descargada 75 veces

preto de Requejo de Valverde, Galicia (España)

O roteiro artéllase arredor do río Arnoia no seu treito entre a zona de O Rexo (Allariz) e o núcleo de Xunqueira de Ambía.

Preto das marxes faise presente a acostumada vexetación de ribeira, desde o amieiro -o máis abondoso- ata o bidueiro, salgueiro e arbustos como o sanguiño e o espiño albar. Afastándose do río e entre as aldeas temos as touzas, mosaicos de prados e cultivos separados por manchas arboradas, masas boscosas mixtas de carballos e cerquiños, e tamén as sebes con exemplares de árbores de gran porte como carballos e castiñeiros.

Pódese comezar o percorrido na aldea alaricana de Valverde, con fermosas casas de granito e patín, e por una corredoira acadamos Requeixo, coa súa igrexa de Santa María, segue Paciños, onde se encrava a capela de San Ramón, e Dresder.

Cambiamos de concello e atopámonos xa en pleno Xunqueira de Ambía, punto de paso da ruta xacobea da Prata e cunha sobranceira Colexiata de Santa María a Real (Monumento Nacional). Baixamos a procura do Arnoia e atravesámolo para pasar a aldea de San Xillao arrodeada de enormes penedos. Máis aldeas: Outorelo, Vilanova e Vilariño do Río unidas por congostras entre vizosas carballeiras.

De novo nas terras de Allariz vemos o ecoespazo de O Rexo que conta coas pinturas ao aire libre de Agustín Ibarrola e por unha corredoira poñémonos en Vilaverde, o punto de comezo.

Ver más external

foto

Bolo granitico

Enorme penedo granítico na aldea de San Xillao.
Arquitectura religiosa

Capela de San Ramon

Ermida na aldea de Pacinos.
Arquitectura religiosa

Capela San Xillao

Ermida na aldea de San Xillao, punto de paso da ruta xacobea da Prata.
árbol

Carballeira

Bosque de carballos ao sur da aldea de San Xillao.
Arquitectura religiosa

Colexiata

Colexiata de Santa María a Real, en Xunqueira de Ambía. Está declarada Monumento Nacional.
Waypoint

Comezo Xunqueira

Punto de incio do noso percorrido na aldea de Valverde, no concello de Allariz.
foto

Congostra

Corredoira que leva desde as beiras do río Arnoia ata a aldea de San Xillao.
foto

Corredoira

Camiño que une Valverde con Requeixo.
fuente

Fonte 1

Fonte de agua potable na aldea de Valverde.
fuente

Fonte 2

Fonte de auga potable na aldea de Valverde.
fuente

Fonte 3

Fonte de auga potable na aldea de Paciños.
fuente

Fonte 4

Fonte de auga potable na aldea de Vilanova.
fuente

Fonte termal

Fonte de augas termais as beiras do río Arnoia, preto de Xunqueira de Ambía.
Arquitectura religiosa

Igrexa Santa Maria

Igrexa na aldea de Requeixo de Valverde, Allariz.
fuente

Mina auga

Mina de auga entre Valverde e Requeixo.
foto

O Rexo

Área as beiras do río Arnoia que conta con pinturas de Agustín Ibarrola.
foto

Paciños

Aldea do concello de Allariz, preto xa de Xunqueira de Ambía.
foto

Pena cabaleira

Rocha granítica cabaleira na aldea de San Xillao.
foto

Penedos

Enormes bloques graníticos na aldea de San Xillao.
Ponte

Ponte

Ponte sobre o río Arnoia en Xunqueira de Ambía.
Ponte

Pontella

Fermosa pontella de pedra sobre o río Arnoia, en Xunqueira de Ambía.
Ponte

Pontella O Rexo

Pontella de pedra sobre o río Arnoia, no ecoespazo de O Rexo (Allariz).
foto

Requeixo

Requeixo de Valverde, aldea do concello de Allariz.
foto

San Xillao

Aldea do concello de Xunqueira de Ambía. Lugar de paso da ruta xacobea da Prata.
refugio

Xunqueira

Concello da provincia de Ourense. Na ruta xacobea da Prata.

7 comentarios

  • Foto de efeso55

    efeso55 10-may-2015

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Muy relajante

  • Guille101 08-sep-2015

    Los senderos son preciosos, y muy fácil de hacer. Dos inconvenientes, al salir de Xunqueira, cuando se llega al río, hay un tramo pegado al río espectacular, pero termina cegado por la vegetación, tuvimos que regresar a la carretera y coger al pasar una edificación a la derecha y después otra vez a la derecha para poder retomar la ruta. Otro inconveniente fue al llegar ao Rexo que nos encontramos con un camino cortado con una valla, teniendo que desviarnos al punto de partida por la carretera. Por lo demás muy bien. El Bosque animado de O Rexo precioso.

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 08-sep-2015

    Hola, Guille.
    La valla del camino es para que no pase el ganado. Se puede abrir y luego volver a dejarla cerrada.
    Me alegro que te gustase.
    Saludos.

  • Tío_Pepe 23-may-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Ruta doadamente accesible e moi fermosa. Natureza moderadamente ben conservada, aldeas con encanto, pontellas, fontes (con escudo falanxista!), igrexas e capelas... Moi recomendable.

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 23-may-2016

    Grazas polos teus comentarios, Pepe.
    Saúdos.

  • Foto de AlthorP

    AlthorP 19-sep-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Gran ruta muy cerca de Allariz. Nosotros la hemos ampliado casi 10 km al iniciarla desde el Hotel AC y recorrer todo el camino del río hasta O Rexo para volver también por el mismo paseo fluvial

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 19-sep-2016

    Gracias por tu valoración, "AlthorP".

Si quieres, puedes o esta ruta