-
-
406 m
324 m
0
5,4
11
21,75 km

Vista 7 veces, descargada 0 veces

preto de Bardaos, Galicia (España)

Esta travesía discorre polo eixo máis curto do concello de Tordoia, atravesándoo de norte a sur, cuns 20 km de percorrido. Trátase dun sendeiro de suma sinxeleza cun trazado moi chan e que transcorre en maioria por camiños de terra. Trátase dun sendeiro con varios puntos de interese arqueolóxico.

A andaina comeza na fronteira co concello veciño de Cerceda avanzando cara a Croa, en Bardaos, que será a primeira parroquia en visitarse.Aquí podemos ver unha das igrexas maís fermosas do municipio así como o Castro de Bardaos.
Ruinas

Castro de Bardaos

O castro de Bardaos e un poboado castrexo situado no concello de Tordoia nun pequeno outeiro a 350 metros de altitude, a súa planta é lixeiramente elíptica e conta cun antecastro. Como material asociado ao castro atopáronse trinta machados de talón de dous aneis datados de finais da Idade de Bronce e tamén apareceron torques, algún de ouro. Non se realizou ningún estudo nin escavación no castro.
Río

Río Maxarín

Arquitectura religiosa

Santa María de Bardaos

Igrexa de estilo barroco cunha nave de planta de cruz latina e muros suxeitos por contrafortes. A fachada ten unha porta adintelada cun óculo ovoidal.
Edificio de interés

Dolmen de Cabaleiros

O dolmen de Cabaleiros, tamén chamado Casa da Moura, Casa dos Mouros ou Couza do Cacheiro, é un monumento megalítico situado na parroquia de Cabaleiros. Está sobre un túmulo dun diámetro aproximado de 30 metros e dous metros de altura. O dolmen está formado por sete ortóstatos máis a lousa de teito de 4×3,40 m. A cámara é poligonal aberta con corredor orientado ao leste. Está datado no terceiro milenio antes da era actual
Sitio arqueolóxico

Castro de Cabaleiros

cima

Pedra Longa

Trátase dunha gran mole granítica de pedras lisas, que posiblemente teña petroglifos na súa cima.
Waypoint

Ruta PR-G 89

árbol

Fraga

Sitio arqueolóxico

Dolmen de Castenda

Restos dun dolmen na parroquia de Castenda. Consérvanse aquí as lousas verticais mentres que a anta foi empregada como materia prima para construir a ponte sobre o río Chonia.
Ponte

Ponte do río da Chonia do Carpio

Construida a partires da anta do domen de Castenda, pode apreciarse a dita pedra horizontal fendida en tres anacos.
fuente

Fonte da Ermida

Arquitectura religiosa

Cruceiro da Ermida

Arquitectura religiosa

Capela da Ermida do Carme

Esta ermida barroca data do século XVIII e é de estilo barroco e está afastada dos núcleos de poboación do concello, situada nunha fermosa paraxe natural. O templo está rodeado por un muro baixo, conformando un espacio relixioso e devocionario moi concreto. En realidade, este é un dos centros romeiros máis coñecidos da zona. A ermida do Carme ten unha boa portada barroca na que se conserva unha fornela coa imaxe da Virxen do Carme, sobre a porta central.
Arquitectura religiosa

San Xián de Cabaleiros

refugio

Refuxio dos Pescadores

Río

Río da Pontepedra

Sitio arqueolóxico

Castro do Vilar

Sitio arqueolóxico

Petroglifo de Vilarescuro

Río

Río da Chonia do Carpio

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta