Tempo  6 horas 14 minutos

Coordenadas 1881

Fecha de subida 16 de abril de 2013

Fecha de realización abril 2013

-
-
1.721 m
1.000 m
0
3,5
7,0
14,03 km

Vista 4145 veces, descargada 92 veces

preto de Prada, Galicia (España)

No centro da provincia de Ourense érguese o Macizo Central conformado polas serras de Burgo, San Mamede, Corzas, Invernadoiro e Queixa. Nesta derradeira sobrancea o macizo de Cabeza de Manzaneda cuxo cumio acada os 1782 m de altitude.
Nós comezaremos moi preto do cimo a nosa travesía ata Chandrexa de Queixa, primeiro polo altiplano e logo en descenso pola vacía glaciar de Forcadas. O percorrido será moi variado, doado polos camiños e pistas do altiplano, por carrouchos e carreiros nas baixadas das abas e ao remate polas antigas corredoiras que unen Forcadas con Celeiros, a capital de Chandrexa.
As vistas desde o alto serán xenerosas sobre os montes do Invernadoiro, serra de San Mamede e, ao fondo, as aldeas de Chandrexa e máis o seu encoro.

Ver más external

cima

Cabeza Manzaneda

Segundo cumio máis alto de Galicia, con 1778 m de altitude. Conta cunha estación de esquí.
foto

Camiño empedrado

Vieiro que comunica Forcadas con Celeiros.
foto

Camiño empedrado

Camiño que vai desde Forcadas a Mallada Vella.
Waypoint

Caseta

Pequena caseta no Sistil Branco.
refugio

Celeiros

Capital do concello de Chandrexa de Queixa.
foto

Corredoira

Camiño que desde Forcadela sube a Os Campos.
foto

Curro Manzaneda

Cercado para o uso gandeiro no Alto de Manzaneda.
foto

Curro Sistil Branco

Cercado para usos gandeiros.
foto

Forcadas

Lugar do concello de Chandrexa de Queixa.
Río

Miradoiro fervenza

Miradoiro da fervenza que se forma preto do nacimiento do regueiro dos Campos de Forcadas.
Río

Rego Forcadas

Regueiro que nace preto do lugar de Forcadas e desemboca no río Grande, en Chandrexa de Queixa.
foto

Restos en pedra

Restos dunha construción en pedra, preto de Sistil Branco.
foto

Rodeiras

Pegadas feitas nas pedras do camiño polo prolongado paso dos carros.
Ruinas

Ruinas

Restos dunha edificación en pedra, preto de Forcadas.
panoramica

Sistil Branco

Cumio con 1702 m de altitude, con vistas sobre toda a vacía de Chandrexa de Queixa.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta