Descargar

Distancia

21,93 km

Desnivel positivo

1.040 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

347 m

Altitud máxima

1.213 m

Trailrank

32

Altitud mínima

437 m

Trail type

Solo ida
  • Foto de Travesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (1ª etapa)
  • Foto de Travesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (1ª etapa)
  • Foto de Travesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (1ª etapa)
  • Foto de Travesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (1ª etapa)
  • Foto de Travesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (1ª etapa)
  • Foto de Travesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (1ª etapa)

Tempo

6 horas 57 minutos

Coordenadas

2069

Fecha de subida

28 de agosto de 2014

Fecha de realización

agosto 2014
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
1.213 m
437 m
21,93 km

Vista 309 veces, descargada 5 veces

preto de Sesantes, Galicia (España)

Edito en xaneiro de 2021
Esta ruta continúa con esta outra: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/travesia-do-faro-de-avion-desde-paredes-a-barciademera-2a-etapa-7669144
Conséguese así atravesar a Serra do Faro de Avión (ou de Melón) e ir dende a zona de Leiro ata a de Covelo, rematando na localidade de Barcia de Mera, ou Barciademera. En total, veñen sendo uns 42 quilómetros. Loxicamente cómpre transporte dende o fin da ruta, ou ata o comezo da mesma (dous coches ou quen transporte). Non houbo problema en deixar coches en ambos os extremos; son aldeas tranquilas e de veciñanza acolledora.
Esta primeira etapa transcorre por pistas despexadas e ten un perfil netamente de subida, mais esta é regular, sen dentes de serra. Se cadra, o treito algo máis tapado de broza é o que vai dende a área de lecer de Pena Corneira ata a estrada OU-0306. Porén, dando co sendeiro, pódese chegar doadamente ao cruce desta coa OU-212, máis ou menos.
Podemos aprovisionarnos de auga na citada área de Pena Corneira (a carón da igrexa das Lamas), nas adeas de Balde e da Serra ou no curro das Laceiras, uns tres quilómetros antes do fin da etapa. Bastante parte do percorrido vai descuberto e sen sombra por mor dos lumes que queimaron o arboredo.
A meta desta primeira etapa é o refuxio da Comunidade de Montes de Prado, onde se pode pasar a noite. Aquí hai auga e dentro ten cheminea onde se pode facer lume. Ten porta e o principal defecto é que resulta húmido en tempos de choivas porque ten filtracións por unha parte.
En querendo acurtar esta etapa, tamén se pode comezar na aldea da Serra, co que serían uns 9 quilómetros menos.
As paisaxes que se dominan no percorrido son moi interesantes. Dende o Alto do Faro chega a verse (aparece nunha das fotos) as illas Cíes e outros lugares da costa.
Igualmente o Alto do Faro é un lugar idóneo para a contemplación das estrelas. De feito, na actualidade hai instalados algúns elementos de observación astronómica.
A ruta non está marcada. Podes seguirse con mapas ou coa axuda do GPS. Tecnicamente é doada e tan só presenta algunha dureza polo desnivel.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta