• Foto de Travesia Llagu Ercina - Alto D'Ortigueru
  • Foto de Travesia Llagu Ercina - Alto D'Ortigueru
  • Foto de Travesia Llagu Ercina - Alto D'Ortigueru
  • Foto de Travesia Llagu Ercina - Alto D'Ortigueru
  • Foto de Travesia Llagu Ercina - Alto D'Ortigueru
  • Foto de Travesia Llagu Ercina - Alto D'Ortigueru

Tempo  7 horas 28 minutos

Coordenadas 2214

Fecha de subida 28 de enero de 2017

Fecha de realización abril 2016

-
-
1.163 m
424 m
0
4,1
8,2
16,45 km

Vista 202 veces, descargada 2 veces

preto de Gamonedo, Asturias (España)

Ruta no entorno dos Picos de Europa, concretamente no Macizo Occidental o Macizo do Cornión, pero nesta ocasión, en lugar de adentrarmos no mundo gris das calcarias que domina as grandes penas, percorreremos un trazado moito máis verde, onde predominan os pastos de montaña y alternan coquetas malladas de pastores. Partimos dos Lagos de Covadonga, e tomamos o camiño que leva á Mallada de Belbín, onde aínda se segue elaborando o famoso queixo do Gamonedo. É esta unha das malladas de Picos, que aínda conserva a súa autenticidade e a súa funcionalidade, xa que nela persiste unha poboación de pastores que pasan a maior parte do ano realizando as labores tradicionais de coidado do gando e elaboración de queixos.
A partires de aquí, o noso itinerario vira cara ao norte para ir progresivamente perdendo altura por unhas ladeiras moito máis suaves das que o Macizo mostra por calquera dos outros tres costados. Pasamos o Collado Lincos, rodeamos a Cabeza Cuécara e seguidamente, por pista, chegamos ao Collado El Reguero. Nos tomamos uns minutos para ascender ata a Pena de Pandescura, de xusto mil metros de altura, ainda que o desnivel positivo a salvar non pasa dos 250 metros. Esta cume, ainda que de modesta altitude, ofrece unhas impresionantes vistas. Feito o cume, seguimos descendendo do Cornión en dirección nordeste, cara o Collado os Buitres, para a continuación deixar a nosa dereita Paré Beranzas, e ao pouco damos vista aos enormes Jous de Alda, moi preto xa do Alto do Ortiguero. Neste punto poderemos descubrir parte dos vestixios da actividade mineira nos Picos de Europa, que neste caso estivo adicada á extracción de mineral de cobre. Actividade que foi moi importante durante o século XIX e comezos do XX. Consérvase o castillete e parte das instalacións auxiliares. O último tramo que vai rodeando este gran Jou polo este, transcorre por unha pista que nos leva ata o pobo de La Salce, punto e final da nosa excursión.

Ruta organizada por AVV Montefaro (Mugardos) y guiada por Compañia de Guias de la Cordillera Cantabrica.
Subida durante la travesia Lago Ercina - Alto de Ortiguero

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta