Coordenadas 1468

Fecha de subida 13 de agosto de 2015

Fecha de realización agosto 2015

-
-
1.079 m
715 m
0
4,1
8,3
16,51 km

Vista 1422 veces, descargada 29 veces

preto de Ameijoeira, Viana do Castelo (Portugal)

O noso percorrido vai coincidir por treitos co Trilho do Transparque, que liga o parque portugués da Peneda co galego Xurés. Partindo da aldea de Meijoeira, fronteiriza con España, pasaremos polo pé da Pena de Anamão e rematamos en Castro Laboreiro, onde contamos con servicios de hostalería.

A andada transcorre por unha fermosísima zona de montaña, con espectaculares afloramentos graníticos coma o Bico do Patelo, intérnase en medio de típicas aldeas serranas e atravesa regos e ríos por riba de pontes cargadas de historia, algunha delas milenaria.

Nas partes altas atópanse as brandas, onde o gando pasta nas épocas de bo tempo, baixando co empeorar a climatoloxía cara as inverneiras arredor das aldeas coma son as que pasamos: Ameijoeira, Curveira, Cainheiras, Bico e Portela.

O roteiro vertébrase polo curso do río Laboreiro, tamén chamado Barcia ou río de Castro Laboreiro con súas marxes ligadas polo home por belas pontes das que é un exemplo senlleiro a Ponte da Cavada Velha ou da Cava Velha, construida na época romana, se cadra no século I, e formada por dous arcos de medio punto; sendo declarada Monumento Nacional de Portugal no ano 1986. Outra ponte a citar, pola que tamén pasamos, é a de Varziela sobre un tributario do Laboreiro e que ten un só arco de medio punto, sendo de orixe quizais medieval e que formaba parte da rede viaria galaico-minhota.

E estando na montaña non imos esquecernos do noso paso ao carón da Pena de Anamão, ou de Anamán, en galego. Impoñente cumio granítico de 1278 m de altitude que domina sobre o horizonte e con forte caída en vertical pola súa parede leste. Ao seu pé encrávase a capela da Nosa Senhora do Anamão nunha campa que se presta para tomar uns folgos.

O final da andadura será Castro Laboreiro, no corazón do Parque da Peneda, a sombra dun pétreo Castelo que din feito polos mouros.

Ver más external

Peto de ánimas na aldea de Curveira.
Peto de ánimas situado na entrada a aldea de Bico.
Peto de ánimas no muro dunha casa da aldea de Varziela.
Peto de ánimas na ponte da aldea de Varziela.
Pequena aldea na fronteira con España. Aquí comezamos o roteiro.
Pequena aldea preto de Castro Laboreiro.
Curiosa formación granítica entre as aldeas de Bico e Curveira.
Aldea moi preto de Castro Laboreiro. Ten una pequeña capela.
Camiño que une Castro Laboreiro coa aldea de Portela.
Camiño con firme de laxas de granito na aldea de Curveira.
Valo que hai nunha corredoira de Cainheiros para impedir o paso do gando.
Ermida na aldea de Ameijoeira, onde comeza a nosa andada.
Ermida que conta cunha fermosa zona de lecer. Ao pé da rocha de Anamão.
Ermida na aldea de Cainheiras.
Bosque de carballos na aldea de Bico.
Freguesía do concello portugués de Melgaço que conta cunha fermosa contorna montañosa.
Comezo do percurso na aldea fronteiriza de Ameijoeira.
Corredoira en Ameijoeira que leva ao rio de Castro Laboreiro.
Congostra na aldea de Cainheiras.
Cruz por debaixo da pena de Anamão.
Pequena aldea preto do Bico do Patelo. Ten un forno comunal feito en pedra.
Fonte de auga potable na aldea de Curveira.
Fonte de auga potable ao carón da capela da Senhora de Anamão.
Forno comunal na aldea de Curveira. Feito en pedra.
Igrexa románica de Santa María da Visitaçao, en Castrolaboreiro.
Lavadoiro de roupa na aldea de Curveira.
Lavadoiro no centro de Castro Laboreiro.
Zona de laxas graníticas na aldea de Cainheiras.
Picota no centro de Castro Laboreiro.
Cumio granítico de 1278 metros de altitude.
Bloques graníticos no camiño que une as aldeas de Bico e Varziela.
Ponte de pedra en Cainheiras sobre o rego Corga das Lapas.
Ponte romano, posiblemente do século I, sobre o río de Castro Laboreiro. Chamado ponte de Cava Velha ou Ponte de Cavada Velha.
Antiga ponte dun arco de medio punto sobre un río tributario do Laboreiro ao seu paso pola aldea de Varziela.
Pontella de pedra sobre o río de Castro Laboreiro ao seu paso pola aldea de Ameijoeira.
Pontella de pedra na aldea de Curveira.
Pequena pontella de pedra sobre un rego na aldea de Pradrosouro.
Pontella de pedra no núcleo de Castro Laboreiro sobre o río homónimo.
Pequena aldea moi preto de Castro Laboreiro.
Chamado tamén río Laboreiro, nace no planalto de Castro Laboreiro e logo de 24 Km desemboca no Lima en Lindoso.
Afloramento granítico entre as aldeas de Bico e Cainheiras.
Pequena aldea da freguesía de Castro Laboreiro.

3 comentarios

  • pattocuak 27-sep-2017

    hola!!
    el próximo fin de semana vamos a Entrimo, llevamos perras locas, así que huimos de caballos, bicis y demás estímulos. Qué tal esta ruta? Nos recomiendas alguna otra por la zona? Esta tiene río? Me gustan mucho los ríos...
    Gracias!!
    nuria

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 27-sep-2017

    Hola, Nuria.

    En este sendero podrías encontrarte con ganado en las zonas altas. Además ten en cuenta que es lineal por lo necesitarías otro coche al final del recorrido para volver al punto de comienzo.

    Por la zona podrías hacer este otro:
    https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=15098942

    Saludos de Suso.

  • pattocuak 29-sep-2017

    Gracias, creo al final haremos el otro que recomiendas!

Si quieres, puedes o esta ruta