-
-
2.453 m
2.170 m
0
2,7
5,5
10,96 km

Vista 23 veces, descargada 2 veces

preto de Misurina, Veneto (Italia)

A ruta parte dende o refuxio de Auronzo.

Para chegar ata el hai que pagar unha taxa que se mal nom me lembro era de 25€ por vehiculo ano 2018, se nom podedes facer a subida a pe pero son 6-7 km.
No refuxio Auronzo hai diferentes parquings onde deixar os coches.
Comenza a ruta que vai por un sendeiro ben marcado ata unha capela a honra dos mortos da segunda guerra mundial.
Seguindo a senda ben marcada chegamos o refuxio Lavaredo, que é grande e ides toparvos con el.
Chegamos despois a un collado dende onde se divisa Cima Piccola e onde se ven dous camiños para seguir a marcha. Calqueira deles e valido.
Estes sendeiros levanos a zoa mais alta dende onde se divisan perfectamente as tres cimas.
A nosa dereita temos o monte Paterno e a sua cima fai fronteira entre as rexions de Véneto e Trentino. Nos fixemos cima neste pico pero que nom estan grabadas no track para nom estropealo. Son crestas con un pouco de trepada pero que ofrecen unhas magnificas vistas si o tempo o permite.
Unha vez que baixamos collimos novamente o sendeiro que nom ten perda e que nos levará ata outro refuxio. Ali podedes tomar algo e repoñer forzas.
O sendeiro sigue, primeiro por a parte baixa do traxecto e logo vai remontando e recuperando o desnivel perdido.
Cando chegamos o final, habremos rodeado as tres cimas.
Un clasico de Dolomitas.
Sin facer monte Paterno pode levar 5 horas ou menos se camiñades a bo ritmo.
A ruta e sinxela pero conven nom sairse do itinerario.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta