Tempo  6 horas 12 minutos

Coordenadas 1525

Fecha de subida 15 de abril de 2018

Fecha de realización abril 2018

-
-
799 m
498 m
0
3,5
7,0
13,95 km

Vista 206 veces, descargada 11 veces

preto de Armariz, Galicia (España)

O noso roteiro transcorre por tres das trece parroquias que conforman o concello ourensán de Nogueira de Ramuín, polas que están ao sur da capital -Luíntra- e que veñen sendo Armariz (San Cristovo), Rubiacós (Santa Cruz) e Loña do Monte (San Salvador).

O percorrido podémolo comezar a carón da casa reitoral de Armariz -construción en sillería do século XIX e que hoxe está adicada a estabelecemento de turismo rural- e antes de planificar a nosa andaina e importante saber que a contorna está sucada por varios cursos fluviais que en tempo de chuvia poden asolagar as corredoiras, facendo complicado o noso paso.

Logo de contemplar a igrexa románica de Armariz, se o noso traxecto segue as agullas do reloxo, baixamos por entre as casas para tomar un camiño que nos levará ata o río Loña, en cuxas beiras érguense un muíño de cubo en bo estado de conservación e os restos doutro xa en ruínas.

Sobe o vieiro entre carballos cara a aldea de Santa Cruz onde atópase a igrexa da freguesía de Rubiacós e continuamos ao mesmo núcleo de Rubiacós, que ten unha pequena capela. Pasamos tamén polos lugares de Picornio e Souto que, coma todos os que visitamos, teñen unha poboación minguante que se traduce no abandono e ruína dalgunhas das súas casas. Agora, sempre en subida, os nosos pasos póñennos no medio de carballeiras ou reboleiras para deseguido descender polo vizoso val do regato da Boca.

Entramos na terceira freguesía, Loña do Monte, coas típicas casas de patín e co templo parroquial no lugar de A Irexa. E no treito final, para rematar en Armariz, imos polas corredoiras que levan a Villouriz, Verde Miogo -cun peto de interese- e Saa.

Ver más external

foto

Aldea de Souto

Lugar no concello de Nogueira de Ramuín.
refugio

Armariz

Unha das trece parroquias do concello de Nogueira de Ramuín.
foto

Camiño 1

Camiño en Armariz.
foto

Camiño 2

Camiño no lugar de Souto.
Arquitectura religiosa

Capela Rubiacos

Ermida en Rubiacós.
árbol

Carballeira 1

Bosque de carballos situado entre Armariz e Santa Cruz.
árbol

Carballeira 2

Bosque de carballos no lugar de Souto.
Waypoint

Comezo Armariz

Punto de inicio do noso roteiro a carón da igrexa e reitoral de Armariz.
foto

Corredoira 1

Congostra entre Villouriz e Ver de Miogo.
foto

Corredoira 2

Congostra entre Villouriz e Ver de Miogo
foto

Eira

Eira no lugar de Picornio.
foto

Escola Armariz

Antiga escola en Armariz.
fuente

Fonte 1

Fonte de auga potable en Armariz.
fuente

Fonte 2

Fonte de auga portable en Armariz.
Arquitectura religiosa

Igrexa San Cristovo

Igrexa parroquial de Armariz, de estilo románico.
Arquitectura religiosa

Igrexa San Salvador

Igrexa parroquial de Loña do Monte.
Arquitectura religiosa

Igrexa Santa Cruz

Igrexa parroquial de Rubiacós, no lugar de Santa Cruz.
foto

Lavadoiro

Lavadoiro no rego de Vermeaos.
foto

Lavadoiro Armariz

Lavadoiro en Armariz.
foto

Lavadoiro Picornio

Lavadoiro no lugar de Picornio.
foto

Lavadoiro Rubiacos

Lavadoiro en Rubiacós.
foto

Lavadoiro Souto

Lavadoiro no lugar de Souto.
foto

Loña do Monte

Unha das trece parroquias do concello de Nogueira de Ramuín.
Picnic

Mesas Souto

Área de lecer con mesas no lugar de Souto.
Picnic

Mesas Villouriz

Área de lecer con mesas en Villouriz.
foto

Muiño 1

Muíño de cubo nas beiras do río Loña.
Ruinas

Muiño 2

Muíño en ruínas no río Loña.
foto

Peto

Peto de ánimas en Ver de Miogo.
foto

Picornio

Lugar na parroquia de Rubiacós.
Ponte

Pontella rio Loña

Pontella sobre o río Loña.
Río

Rego

Pequeno regueiro tributario do rego da Boca.
Río

Rego da Boca

Afluente do río Loña.
Arquitectura religiosa

Reitoral de Armariz

Reitoral da igrexa de San Cristovo en Armariz.
Río

Rio Loña

Afluente do río Miño.
foto

Rubiacos

Rubiacós é unha das trece parroquias do concello de Nogueira de Ramuín.
foto

Saa

Lugar da parroquia de Armariz.
foto

Santa Cruz

Lugar da parroquia de Rubiacós.
foto

Villouriz

Lugar da parroquia de Loña do Monte.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta