Tempo  4 horas 29 minutos

Coordenadas 1174

Fecha de subida 6 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
43 m
12 m
0
4,3
8,6
17,15 km

Vista 810 veces, descargada 14 veces

preto de Salvatierra de Miño, Galicia (España)

O río Tea recolle as súas primeiras augas na Serra do Suído e tamén no Faro de Avión e logo duns 50 quilómetros faise tributario do Miño ao seu paso por Salvaterra. Aquí, no parque d´A Canuda deste concello empeza o noso doado roteiro.

Nun curto primeiro treito, logo de atravesar esta área de lecer, imos pola beira do Miño por un vizoso paseo ata acadar a desembocadura do Tea, a altura da illa de Fillaboa. A partir de agora o percorrido será sempre augas enriba pola mesma beira do Tea e durante uns cinco quilómetros o camiño é ancho, quizáis sen moito atractivo, mais compensado polo paso por algunhas praias fluviais, áreas de lecer e a fermosa ponte baixo-medieval de Fillaboa, de orixe romana.

Pasada a área recreativa d´O Pego o que era un vieiro trócase nun angosto sendeiro de pescadores que, baixo unha capa arborada case que contínua durante uns cinco quilómetros, levarános ata o casco urbano de Ponteareas.

Neste derradeiro tramo hai que citar o paso pola ponte medieval de orixe romana d´As Partidas, con praia fluvial baixo as súas arcadas, as áreas de lecer de Angoares e de Castiñeira e, xa a piques de rematar, outra ponte baixo-medieval, a d´Os Remedios, tamén chamada de San Roque e que deu nome a vila de Ponteareas, onde rematamos a nosa xeira.

Ver más external

Área recreativa as beiras do río Tea ao seu paso pola parroquia de Angoares.
Área de lecer as beiras do río Tea.
Área de lecer as beiras do Tea, na parroquia de Alxén, Salceda de Caselas.
Área de lecer na marxe esquerda do río Tea.
Área recreativa ao carón da ponte d´As Partidas. Ten praia fluvial.
Área recreativa na beira esquerda do río Tea.
Vieiro pola beira dos ríos Miño e Tea.
Ermida preto da ponte d´Os Remedios, Pontereas.
Punto de inicio do roteiro, no parque d´A Canuda en Salvaterra de Miño.
Desembocadura do río Tea no Miño, en Fillaboa, Salvaterra.
Bosque mixto nas beiras do río Tea.
Pequeno illote no río Miño, a altura da desembocadura do Tea.
Muíño en ruínas as beiras do río Tea.
Área de lecer no casco urbano de Salvaterra de Miño.
Pasarela de madeira nas marxes do río Tea.
Ponte baixo-medieval sobre o río Tea. De orixe romana.
Ponte baixo-medieval sobre o río Tea. De orixe romana.
Ponte medieval tamén chamada de San Roque. No centro de Ponteareas.
Vila da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado.
Praia fluvial no río Tea.
Praia fluvial no río Tea.
Pequeno tributario do Tea pola marxe esquerda.
O principal río de Galicia.
Afluente do río Miño pola marxe dereita.
Edificación en ruínas nas beiras do río Tea.
Sendeiro de pescadores pola beira esquerda do río Tea.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta