Tempo  5 horas 5 minutos

Coordenadas 1836

Fecha de subida 7 de febrero de 2017

Fecha de realización febrero 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
252 m
45 m
0
3,8
7,7
15,31 km

Vista 2173 veces, descargada 127 veces

preto de Mondariz, Galicia (España)

Ben sabido é que as terras de Mondariz son afamadas polas súas reparadoras augas de uso balneario e asemade para consumo, mais hai outras augas ceibes que sucan por tres fermosos ríos -Xabriña, Tea e Aboal- e abondosos regachos. Polas súas ribeiras faremos o noso roteiro, sen esquecer o paso polas mámoas d´A Armada e o seu senlleiro carballo.

Indo polo miúdo, estos son os puntos de interese:

- Río Xabriña

Dabondo coñecido dos sendeiristas pola ruta homologada no seu curso medio-alto. Ten o nacedeiro no lugar d´A Lamosa, Fontefría, concello de Covelo, pasando deseguido por Mondariz e xa no seu treito final fará de estrema entre este concello e o de Mondariz Balneario, desembocando no Tea pola marxe esquerda.

Nos recorreremos as súas ribeiras durante un quilómetro, comezando a nosa andaina na ponte que o salva e que liga Mondariz e Mondariz Balneario.

- Río Tea

Nace tamén no concello de Covelo, na parroquia de Fraga, na Serra do Suido e Faro de Avión e logo de 50 quilómetros desemboca no Miño no concello de Salvaterra. No seu paso por Mondariz e Mondariz Balneario ten fermosas praias fluviais cun leito de boa calidade medioambiental que propicia unha alta riqueza piscícola.

Coñeceremos a zona deste río entre a pasarela de Merouces, praia de Riofrío, pontillón d´A Poeira, pasarela d´As Amolares e a desembocadura do Xabriña.

- Rio Aboal

É un dos principais afluentes do río Tea, nacendo na parroquia de Festín, no medio da fraga de Aboal, e descende cara ao sur nun percurso duns 6 quilómetros. Ao longo do seu paso polo concello de Mondariz poderemos comprobar a boa calidade das augas, leitos e marxes do río, así como a súa cobertura arbórea, formando unha clara representación dos bosques de ribeira, onde veremos amieiros, salgueiros, aveleiras, bidueiros, carballos e acivros.

Percorreremos os seus derradeiros 3 quilómetros antes da súa desembocadura.

- Carballo e Mámoas d´A Armada

O Carballo d´A Armada érguese no medio dun área de lecer na entidade local menor de Queimadelos (Mondariz), sendo un exemplar de bo porte e de longa vida, din que varios centos de anos e que segundo unha lenda foi prantado polo druida Lambrico, neto do fundador suevo de Mondariz, Mondrico.

Na mesma zona atopamos tamén as Mámoas d´A Armada que foron construídas ao final do Neolítico (hai 4000 anos). Son de tamaño medio (12 metros de diámetro e menos de 1 de altura), e acollen no seu interior foxas ou sartegos de forma cadrada ou rectangular escavados na terra que, en ocasións, se presentan gorecidos baixo unha única tampa de pedra a modo de cuberta, o que fai que destaquen menos na paisaxe.

Ver más external

Lugar do concello de Mondariz.
Área recreativa con praia fluvial no río Tea.
Área recreativa ao carón de río Xabriña.
Área recreativa forestal na parroquia de Queimadelos.
Lugar do concello de Mondariz.
Ermida ao carón da igrexa de San Martiño de Frades.
Carballo de gran porte na área de lecer de Queimadelos.
Punto de inicio do roteiro, ao carón do río Xabriña. Nas lindes entre Mondariz Balneario e Mondariz.
Corredoira no lugar de Merouces.
Congostra en Riofrio.
Cruceiro no adro da igrexa de San Martiño de Frades.
Cruz de pedra sobre un valado no lugar de A Cambra.
Fonte de auga potable no lugar de O Sesteiro.
Fonte de auga potable no lugar de As Paredes.
Fonte de auga potable.
Fonte de auga potable.
Fonte de auga potable no lugar de Arnela.
Fonte de auga potable no lugar de Merouces.
Fonte auga potable e lavadoiro en Merouces.
Bosque preto do río Xabriña.
Igrexa en Frades, Mondariz.
Igrexa parroquial de Riofrio.
Lavadoiro de roupa no lugar de A Pedreira.
Levada de auga para un muíño no río Xabriña.
Levada no lugar de A Pedreira.
Enterramentos prehistóricos nos montes de Queimadelos.
Muíño hidráulico no río Xabriña.
Muíño hidráulico no río Xabriña.
Muíño hidráulico no río Xabriña.
Muíño hidráulico no rego Machado.
Muíño hidráulico no lugar de O Sesteiro.
Muíño hidráulico en Barro Alto, funcionando ocasionalmente.
Muíño hidráulico no río Aboal.
Pasarela de madeira sobre o río Xabriña.
Pasarela de madeira na desembocadura do río Aboal no Tea.
Pasarela de madeira sobre o río Aboal.
Pasarela de madeira sobre o río Aboal.
Pasarela metálica sobre o río Tea.
Pasarela metálica sobre o río Tea.
Bosque de piñeiros no lugar de Arnela, Riofrio.
Bosque de piñeiros.
Ponte sobre a estrada de O Val.
Pontella de pedra sobre o río Aboal.
Pontella de pedra sobre o río Tea.
Restos dun antigo muíño no río Aboal.
Afluente do río Tea pola beira dereita.
Afuente do río Miño pola súa marxe dereita.
Tributario do río Tea pola beira esquerda.
Muíño hidráulico en ruinas no lugar de O Sesteiro.
Muíño hidráulico en ruinas no río Xabriña.

11 comentarios

  • Foto de Manuel Comesaña

    Manuel Comesaña 11-feb-2017

    Fantastico, Suso!! Muchas gracias

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 11-feb-2017

    Gracias, Manuel.

  • Foto de liliu

    liliu 07-dic-2017

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Una ruta muy bonita. Gracias por compartir.

  • Vintedouspés 20-jun-2018

    Temos pensado facer a ruta este domingo, dan calor, lembraste como está de sombra a ruta?
    Saúdos e grazas

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 21-jun-2018

    Saúdos, "Vintedouspés".
    O roteiro ten moitos treitos de sombra xa que transcorre polas beiras de tres ríos onde hai o acostumado bosque de ribeira, máis tamén é certo que outras zonas son expostas ao sol. En xeral, o percorrido non é moi caluroso.

  • Vintedouspés 22-jun-2018

    Jesús, gracias pola aclaración.

  • Vintedouspés 22-jun-2018

    Ola de novo Jesús, vendo no mapa de Wikiloc vexo bastante zona sin sombras para facela no verán con calor, pero non sei como será na realidade. Non sei se te acordarás e podrás comparar ca do Xabriña, eu esta do Xabriña fixena e lembro que iba casi todo por sombra. podes comparar unha con outra respecto á sombra? queremos escoller a que teña máis sombra, tamén aceptamos se nos queres propoñer outra con moita sombra ;-)
    Saúdos e máis grazas

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 22-jun-2018

    Sen dúbida a do Xabriña. Ten máis sombra e é moi bonita. Na parte alta si que da o sol, pero se fai moito calor podedes non facer ese treito.
    Saúdos.

  • Vintedouspés 22-jun-2018

    Máis grazas

  • Foto de Love mountains

    Love mountains 05-oct-2018

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Una ruta bonita que se encuentra 100% transitable. creo que seria aun mas bonita si los rios tubieran mas água y los colores de otoño ya estubiesen a punto. El sendero del Rio Aboal es muy xulo

  • Foto de Avigo986

    Avigo986 26-ago-2019

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Ruta fácil, bien señalizada y con bastante sombra. Ideal para este mes de Agosto.

Si quieres, puedes o esta ruta