-
-
1.135 m
749 m
0
4,5
8,9
17,81 km

Vista 1967 veces, descargada 88 veces

preto de Vila, Viana do Castelo (Portugal)

Trilho Castrejo PR-3

Localización: Castro Laboreiro – Serra da Peneda – Parque Nacional da Peneda-Gerês (Portugal)

Ruta circular de 17,5 km, con inicio e remate na aldea de Castro Laboreiro, xunto ao hotel Castrum Villae na estrada Melgaço-Castro Laboreiro. O tempo do percorrido é dunhas 6 horas e a dificultade e o esforzo medio-alto para aqueles que realicen a ruta completa, e medio para os que a acorten xa que ofrece esta posibilidade.
Os dous primeiros km son de lixeira subida e pouca dificultade, a partires deste punto iniciamos o descenso (maior dificultade) ata aldea de Assureira no km 5. Neste punto, aqueles que se encontren sen forza, poden regresar ao punto de partida pola estrada que vai a Castro Leboreiro que está a 3 km, co que completaría unha ruta de 8 km. Eso sí, sen deixar de visitar a preciosa Ponte Nova romana que está a 200 m na propia ruta. Logo de pasar a ponte iniciamos outra lixeira subida, ata chegar a aldea de Curbeira, km 7 da ruta, onde cruzamos outra estrada que vai tamén a Castro Laboreiro. Tamén aquí, o que queira pode acurtar a ruta camiñando1,2 km pola estrada a Castro Laboreiro (admirando a formación rochosa Bico do Patelo) ata chegar a aldea de Bico onde collemos a ruta de novo a esquerda no km 15, co cal faría un percorrido de 10,5 km. Os que fagan a ruta completa, despois de atravesar a bonita aldea de Curbeira, inician o treito que require maior esforzo: a subida de 1 km ata chegar a altura do Bico do Patelo (km 9 da ruta). Logo dunha pequena baixada por un carreiro, chegamos a unha pista forestal e seguimos a dereita. De novo aquí podemos acurtar a ruta se collemos a pista a esquerda e camiñamos 350 m ata enlazar coa ruta na aldea de Cainheiras (km 14 da ruta), neste caso o percorrido sería de 13 km. Camiñamos 1,4 km por pista forestal e desviámonos á dereita por un carreiro pouco definido ata chegar a aldea de Seara (km 12). Baixamos por unha corredoira empedrada durante 1,8 km ata chegar a unha estrada asfaltada que collemos a esquerda, logo de pasar unha bonita ponte, cruzamos a aldea de Cainheiras e continuamos baixando pasando polas aldeas de Bico e Varziela. Despois de pasar outra interesante ponte iniciamos outra pequena subida de 400m (km 16 da ruta) ata alcanzar de novo a estrada que vai a Castro Laboreiro por onde continuamos ata chegar ao final da camiñata, neste último treito pasaremos xunto ao cemiterio, a Ponte Vella e a oficina de información de Castro Laboreiro.
A principal dificultade desta ruta está nas numerosas pedras que hai no camiño e a auga que baixa polas corredoiras (pola época do ano) pero ao mesmo tempo esta combinación dalle un maior encanto.
A ruta está moi ben sinalizada ata a aldea de Curbeira (km 7 da ruta), a partir deste punto as marcas son antigas, difíciles de ver e con ausencias significativas, ademais está sen desbrozar. Na oficina de información aseguráronme que están traballando nela e que en poucos días estará toda ben sinalizada e desbrozada. As marcas que hai que seguir son as pintadas con raias vermellas e amarelas, non as brancas e vermellas que indican un trilho de grande percorrido que coincede en parte co trilho Castrejo. Outra boa maneira para non perderse é seguir as moreas de pedras feitas polos sendeiristas.
Trátase dunha ruta espectacular, especialmente nesta época do ano (primavera) pola gama de cores que podemos admirar: o gris da pedra, o vermello das carpazas floreadas, o amarelo das carqueixas e xestas, o verde dos prados.... Ademais das impresionantes vistas hai que destacar o protagonismo da pedra (formacións rochosas, penedos, pontes, valos, calzadas...) e da auga, que baixa polas ladeiras de pedra e escorre do monte e dos prados para asolagar os camiños e encher os caneiros ata chegar aos ríos onde forma numerosas fervenzas. Pero sen dúbida podemos dicir que estamos diante dun museo etnográfico ao natural: brandas, inverneiras, petos de ánimas, cruceiros, mulleres de negro, can autóctono...
A xornada pódese rematar nos restaurantes que hai en Castro Laboreiro probando os menús locais: bacalhau com broa, cabrito asado no forno, naco grelhado e o viño albariño... Bo proveito.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta