-
-
494 m
209 m
0
4,2
8,5
16,95 km

Vista 4695 veces, descargada 90 veces

preto de Cabanas, Viana do Castelo (Portugal)

Este trilho pertence a rede municipal de percursos pedestres de Paredes de Coura (PR 7) e comeza ao carón da igrexa de Romarigáes, a pouca distancia da Casa Grande ou Quinta do Amparo, antiga residencia do escritor Aquilino Ribeiro, que dá nome ao percurso.
Este sendeiro está marcado dunha forma deficiente polo que aconsello usar o track do GPS.
Logo de bordear a igrexa de Romarigáes, encamíñámonos aos muiños de Poço das Cabanas e aquí empeza o treito circular. Viramos a esquerda porque este sentido de marcha é o máis doado de facer e coincidimos durante uns metros co Camiño de Santiago, que abandonamos ao chegar a un cruceiro para tomar polo camiño que está a dereita que nos leva ata Outeiro. Aquí veremos a Casa Grande de Outeiro, de orixe medieval. Se vades pola parte traseira ollaredes un hórreo de grandes dimensións e o patio central da Casa.
Pasamos polo núcleo de Trulhe con destino ao Penedo do Macaco que é o punto máis alto da ruta e con boas vistas panorámicas sobre a contorna. Toca agora baixar con moita atención por un cortalumes con forte pendente.
Ao chegar a outro núcleo de casas, deixamos un muiño a nosa esquerda e evitamos un camiño que pasa ao seu lado. Un pouco máis adiante, a esquerda, colleremos por un camiño aberto por mor dun gasoduto.
Seguimos por este camiño durante un bo treito e o abandonamos xa cerca dos muiños de Poço das Cabanas, cerrando así o percorrido circular. Desandamos agora a parte lineal para chegar a igrexa de Romarigáes.
30-MAY-09 11:05:26
30-MAY-09 11:36:49
30-MAY-09 10:38:29
30-MAY-09 11:17:13
30-MAY-09 15:27:03
30-MAY-09 12:22:29
30-MAY-09 11:48:26
30-MAY-09 10:35:20
30-MAY-09 11:40:48
30-MAY-09 11:01:30
30-MAY-09 14:43:35
30-MAY-09 13:37:14
30-MAY-09 11:35:47
30-MAY-09 11:58:45

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta