Tempo  5 horas 36 minutos

Coordenadas 2053

Fecha de subida 24 de marzo de 2013

Fecha de realización marzo 2013

-
-
779 m
400 m
0
4,1
8,2
16,4 km

Vista 2901 veces, descargada 79 veces

preto de Arga de Cima, Viana do Castelo (Portugal)

A Serra d´Arga encuádrase dentro do sistema montañoso da Peneda-Gerês e ten o seu cimo no Alto do Espinheiro (825 m.), sendo de natureza granítica.
O roteiro proposto baséase no realizado por João Vieira, que recabou información do hábitat do lobo nesta serra para deseñar o percorrido. Nós comezaremos a nosa andaina en Arga de Cima, a carón da ermida que hai a pé da estrada antes de chegar a aldea.
Após de ver esta capela e a igrexa próxima, metémonos por un treito de trilho sinalizado até Arga de Cima para afastarnos por un camino a beira dunha carballeira e que leva a un regueiro afluente do ribeiro de São João. Cruzada a pontella, subimos polos carrouchos abertos polo paso do gando, procurando una tubaxe que baixa polas abas do monte.
Ao ir gañando altura atopámonos con varias brañas, lameiros con verde praderío encaixados entre outeiros de penedío granítico con predominio de formación de bolos. Seguen unha arboreda de frondas nunha fermosa contorna regada por una corrente de auga e máis un pequeño piñeiral, antes de chegar ao planalto.
Agora a baixada farémola por un vieiro empedrado que fai de balcón sobre Cerquido e o seu val. Conectamos de novo con outro trilho sinalizado que, pasando por un aciñeiral, sobe ata Arga de Cima, onde comezamos.
O percorrido non está sinalizado e hai que usar o GPS.

Ver más external

Árbol

Aciñeiral

Pequeno bosque de aciñeiras, preto de Cerquido.
Picnic

Area de lecer

Área recreativa en Arga de Cima, ao comezo do percurso.
Foto

Arga de Cima

Lugar na Serra d´Arga, no concello de Caminha.
Árbol

Arboreda

Pequeño bosque na Serra d´Arga.
Foto

Brañas 1

Brañeira na Serra d´Arga.
Foto

Brañas 2

Brañal na Serra d´Arga.
Foto

Camiño empedrado

Verea que comunica a Serra d´Arga con Cerquido.
Waypoint

Cancela 1

Cancelo que atopamos en Arga de Cima.
Waypoint

Cancela 2

Cancelo na área de lecer que hai ao comezo do roteiro.
Sitio relixioso

Capela

Ermida en Arga de Cima, ao comezo do trilho.
Árbol

Carballeira

Carballeira en Arga de Cima.
Waypoint

Carroucho

Paso aberto no monte polo gando.
Waypoint

Comezo

Inicio do trilho en Arga de Cima, Caminha.
Foto

Corredoira

Congostra en Arga de Cima.
Fuente

Fonte

Fonte na área de lecer que hai ao comezo do trilho.
Sitio relixioso

Igreja

Igrexa en Cima de Cima, no comezo do trilho.
Waypoint

P R

Coincidencia cun trilho sinalizado no alto da Serra d´Arga.
Árbol

Piñeiral

Bosque de pinos no alto da Serra d´Arga.
Foto

Planalto

Chaira no alto da Serra d´Arga.
Ponte

Pontella

Pontella nun rego afluente do ribeiro de São João, en Arga de Cima.
Waypoint

PR

Coincidencia cun trilho sinalizado ao seu paso por Arga de Cima.
Río

Rego 1

Afluente do Ribeiro de São João, en Arga de Cima.
Río

Rego 2

Afluente do Ribeiro de São João.
Río

Rego 3

Regato no alto da Serra d´Arga.
Waypoint

Tubaxe

Condución que baixa dende os aeroxeradores ata Cima de Riba.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta