Fermoso percurso por unha zona de media montaña da Beira Litoral portuguesa. Case toda a ruta vai acompañando cursos de auga: comeza subindo pola dereita do Fílveda e, logo de subir ao Cabeço dos Mouros, segue o Ribeira de Felgueira, logo o Caima para finalizar novamente no parque de merendas a carón do Fílveda.
É un trilho ben sinalizado e esmeradamente limpo. Na súa mor parte vai por camiños e sendeiros. Só na travesía das aldeas hai piso pavimentado. Quitando a subida ao Cabeço dos Mouros e, en menor medida, o paso pola aldea de Fragoas; é una percorrido bastante chan. Ten moita zona de sombra polo que é indicado para días de calor.
Apuntar que a subida ao coto do Cabeço ten un interese relativo pois a densidade de eucaliptos que cobre a montaña non deixa gozar das panorámicas que se podería divisar se estivese limpo (é unha opinión, en todo caso).
Na camiñada iremos atopando restos de muíños fariñeiros en diverso estado de mantemento ou ruína. Tamén hai ruínas de fábricas da luz e outras industrias vencelladas á enerxía hidráulica. Un elemento curioso constitúeo as ruínas dun muíño de aceite. Ao paso polas aldeas podemos gozar da observación de diversos elementos da arquitectura popular e tradicional. Están bastante coidadas e habitadas.
Camiñada inspirada neste track:
https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/pr2-trilho-dos-3-rios-albergaria-a-velha-14874315 aínda que cambiando o punto de inicio para evitar "atacar" a subida máis dura nada máis arrincar. O Parque de Merendas de Ribeira de Fragoas é, ademais, un lugar idóneo pois hai onde estacionar e mesas e asentos.
Comentarios