• Foto de Trilho pertinho do ceu - Gavieira
  • Foto de Trilho pertinho do ceu - Gavieira
  • Foto de Trilho pertinho do ceu - Gavieira
  • Foto de Trilho pertinho do ceu - Gavieira
  • Foto de Trilho pertinho do ceu - Gavieira
  • Foto de Trilho pertinho do ceu - Gavieira

Tempo  2 horas 47 minutos

Coordenadas 793

Fecha de subida 12 de mayo de 2015

Fecha de realización mayo 2015

-
-
1.079 m
650 m
0
2,1
4,1
8,29 km

Vista 1736 veces, descargada 62 veces

preto de Gavieira, Viana do Castelo (Portugal)

Situación: Aldea de Gavieira - Serra da Peneda - Parque Nacional da Peneda-Gerês
Trilho circular de 8 Km, con inicio e remate na aldea de Gavieira xunto a estrada que vai por fóra da aldea. O tempo aproximado do percorrido é de 3 horas. Os dous primeiros kilómetros, ata chegar a branda de Busgalinhas, son de forte subida por un camiño de pedra, pasamos dos 700 m de altitude aos 1070. As vistas desde esta branda son impresionantes. Despois de descender da aldea atopamos unha pista forestal, tamén en lixeiro descenso, que nos leva ata aldea de Sâo Bento do Cando. Xusto antes de entrar na aldea (km 3,7 da ruta) hai que apartar a dereita xunto a un poste de alta tensión por un camiño empedrado, aquí hai que ter coidado porque o sinal do sendeiro que está no poste non se ve de fronte e é moi fácil que sigamos pola pista, aínda que isto non tería maiores consecuencias xa que a pista tamén nos leva a aldea. Sâo Bento do Cando está ben coidada e xusto ao lado da ruta hai un restaurante-bar con terraza nunha bonita praza onde podemos facer unha pequena parada. Cruzamos a estrada que vai a Gavieira e Rouças xusto na aldea (km 4 da ruta) e iniciamos unha baixada dun kilómetro por un camiño empedrado ata chegar perto do río Grande, os últimos 500 metros son de forte pendiente. Alcanzado o río, seguimos camiñando por un camiño paralelo a él desde o que podemos ver pequenas fervenzas e o marabilloso val. Tamén aquí seguimos baixando pero suavemente ata chegar á Gavieira, pasamos polo medio do pobo e, despois dun treito de 300 m de forte subida, chegamos ao punto de inicio da ruta.
A ruta está perfectamente marcada con sinais que conteñen duas franxas bermellas e amarelas, o único punto conflictivo está, como dicía antes, a entrada de Sao Bento do Cando.
Aproveitando que estamos na zona recomendo acercarse ao Mirador do Tibo que está a 4 km de Rouças en dirección a Arcos de Valdevez. Se o día o permite, as vistas son impresionantes desde este mirador. Por suposto tamén é recomendable acercarse ao Santuario de Nossa Senhora da Peneda que está a 5 km de Roças, dirección Castro Laboreiro.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta