-
-
401 m
0 m
0
3,7
7,4
14,72 km

Vista 5093 veces, descargada 102 veces

preto de Sobrado, Viana do Castelo (Portugal)

Ten o seu inicio este trilho na igrexa románica de Bravães, a carón da estrada N203, que une Ponte de Lima con Ponte da Barca, uns tres quilómetros e medio antes de chegar a esta vila.
Fago dúas consideracións previas: a primeira é que os sinais de marcaxe están case que borrados polo paso do tempo ou ben agochados pola vexetación. Aínda son de axuda no sentido de subida polo ramal esquerdo ata a ermida da Nossa Senhora da Pegadinha, pero están maioritariamente desaparecidos no treito de volta. Pasa o mesmo co desvío que vai desde Nossa Sra. da Pegadinha ata o mosteiro de San Martinho de Crasto, no Vale de Vade. O outro aviso refírese a esta desviación a Crasto: presenta un salientable desnivel e o firme é de asfalto. Valorade se vos interesa facelo porque serían uns catro quilómetros entre ida e volta.
Empezamos, pois, a camiñar a beira da igrexa románica de Bravães da que destacan a súa portada con arco de medio punto, os tímpanos das tres portas e a torre campanario de construcción separada.
Atravesamos a estrada N203 e na fonte de dous canos podemos coller a auga que nos fará falta para alixeirar a subida que nos agarda. A uns cen metros o camiño bifúrcase, empezando o treito circular. Collemos o lado esquerdo.
Pasamos unha ermida privada, por unha fonte-lavadoiro e penetramos nunha zona de abondosa arboreda e cun regato que movía algúns muíños. Estamos na Carvalha.
Por un camiño empedrado subimos ao punto máis alto, na ermida de Nossa Senhora da Pegadinha. A contorna é moi agradable, con estupendas vistas panorámicas sobre o Vale do Lima e adecuada para facer un merecido descanso.
Unha vez aquí, se collemos un camiño que baixa fronte a cancela de muro do recinto da ermida, iremos dar ao Mosteiro de San Martinho de Crasto que, repito, presenta bastante desnivel e pisando sobre asfalto. É un desvío de ida e volta.
De novo na capela de Nossa Senhora da Pegadinha, o treito circular de baixada continúa bordeando o muro do recinto da ermida e logo de pasar por un cruceiro seguimos polo ramal da dereita e, atravesando a estrada N533, avanzamos baixando de fronte uns catrocentos metros para virar a dereita cara a carretera N203.
Baixamos hacia unhas casas e tendremos que poñer moita atención porque os sinais son case invisibles e hai que coller por un estreito camiño a dereita paralelo pola parte inferior dunha levada e que desemboca na estrada N1329.
Camiñamos buscando unha casa de turismo rural da que bordeamos os muros e imos dar ao camiño que fixemos no sentido de subida. O punto de remate na igrexa de Bravães está a uns setecentos metros.

Ver más external

08-AGO-09 13:06:52
08-AGO-09 12:36:16
08-AGO-09 13:09:31
08-AGO-09 13:37:24
08-AGO-09 13:23:38
08-AGO-09 18:32:33
08-AGO-09 12:44:23
08-AGO-09 13:14:27
08-AGO-09 14:48:20
08-AGO-09 12:42:48
08-AGO-09 12:53:41
08-AGO-09 13:10:05
08-AGO-09 14:39:23
08-AGO-09 13:12:24
08-AGO-09 18:31:16
08-AGO-09 12:31:18
08-AGO-09 12:47:37
08-AGO-09 13:45:03
08-AGO-09 15:44:06
08-AGO-09 13:27:38
08-AGO-09 13:29:48
08-AGO-09 14:14:12

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta