Tempo  8 horas 29 minutos

Coordenadas 2492

Fecha de subida 5 de mayo de 2017

Fecha de realización abril 2017

-
-
1.054 m
797 m
0
6,7
13
26,61 km

Vista 522 veces, descargada 19 veces

preto de Laje, Galicia (España)

Esta ruta forma parte dunha serie de tres, co fin de percorrer a serra do Suido.
As outras dúas son:
Suido sur:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17584371
Suido norte:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17585215

Para entender mellor o que é a Serra do Suído e a súa historia aconsello informarse antes un pouco sobre os chozos, sesteiros, foxos do lobo e a tradición gandeira desta serra. Son interesantes por exemplo estes enlaces:

http://concellodecovelo.es/archivos_editor/file/microweb/suido.htm
https://es.m.wikipedia.org/wiki/Sierra_del_Su%C3%ADdo

Dependendo da época do ano na que se recorra a serra poderase apreciar distintas cores na paisaxe. En outono-inverno predominan as cores marróns, en verán o verde, e na primavera (Abril-Maio) o amarelo do toxo en flor.

Esta ruta percorre a parte mais central da Serra do Suído. O punto de inicio e na estrada PO-9303, a uns 3 km mais arriba de Airoa, no concello de Fornelos de Montes. Pasa polo foxo do lobo de Campo, Coto Miñoto, que é o punto mais alto do Suído; e despois descende cara os chozos de Avión, para despois pasar polo outro foxo do lobo da serra, O de Pigarzos, no concello de A Lama. Xa de volta o punto de partida, pasa polos chozos de Forzans, e os de Casariños xa en ruinas.
Suliñar sobre o percorrido, que é bastante doado de facer, soamente un pequeño treito antes de chegar o foxo do lobo de Campo, o trazado discorre polo medio da vexetación, ainda que o dia de hoxe se pasa perfectamente. E por outro lado decir tamén que, salvo que se teña un especial interes, a visita o primeiro chozos de Forzáns non paga moito a pena, están todos derruidos e cubertos de maleza.
Foto de Coto Cornudos dende Coto Miñoto

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta