Tempo  9 horas 43 minutos

Coordenadas 2312

Fecha de subida 5 de mayo de 2017

Fecha de realización abril 2017

-
-
942 m
398 m
0
6,2
12
24,7 km

Vista 851 veces, descargada 28 veces

preto de Piñeiro, Galicia (España)

Esta ruta forma parte dunha serie de tres, co fin de percorrer a serra do Suido.
As outras dúas son:
Suido central:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17584683
Suido norte:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17585215

Para entender mellor o que é a Serra do Suído e a súa historia aconsello informarse antes un pouco sobre os chozos, sesteiros, foxos do lobo e a tradición gandeira desta serra. Son interesantes por exemplo estes enlaces:

http://concellodecovelo.es/archivos_editor/file/microweb/suido.htm
https://es.m.wikipedia.org/wiki/Sierra_del_Su%C3%ADdo

Dependendo da época do ano na que se recorra a serra poderase apreciar distintas cores na paisaxe. En outono-inverno predominan as cores marróns, en verán o verde, e na primavera (Abril-Maio) o amarelo do toxo en flor.

Esta ruta percorre a zona sur do Suído, pertencente o concello do Covelo.
Parte do pobo de Piñeiro de Aréas, e sube cara a serra ata chegar o Coto de Bidueiros e o seu conxunto etnográfico. Xira cara o foxo do lobo de Campo. E xa de volta, pasa polo chan do Libro, coto Agudo (Pena partida), logo polos chozos de Fofe, Cascardoso e Piñeiro, e continúa paralelo o río Piñeiro ata chegar a Poza do Piñeiro. Para rematar, baixa xa da serra cara o punto de partida, pasando pola ponte de Piñeiro.
IMPORTANTE:
Gran parte da ruta se fai por sendeiros e pistas forestais, ainda que algún tramo discorre polo medio da maleza (toxo, basicamente). E aquí si que compre suliñar, que o tramo que pasa polos chozos de Fofe, Cascardoso e Piñeiro (dos km 16 a 19), se realiza literalmente campo a través da maleza, coa dificultade que eso conleva. Si se quere evitar estre tramo en vez de xirar a dereita no km 15,7 cara o chozo de Fofe, continuar polo sendeiro ata chegar a poza do Piñeiro onde se enlazaría de novo coa ruta.

Para rematar, ainda que non forma parte da ruta. Recomendo unha visita a ermita da Virxe da Guía que está no outro Piñeiro, no Piñeiro da Iglesia. Ten unha moi boa panorámica da contorna.

1 comentario

Si quieres, puedes o esta ruta