Tempo  5 horas 7 minutos

Coordenadas 1324

Fecha de subida 23 de septiembre de 2019

Fecha de realización septiembre 2019

-
-
83 m
7 m
0
2,9
5,8
11,6 km

Vista 94 veces, descargada 6 veces

preto de Malpica, Galicia (España)

Fronte ao cabo do Santo Hadrián, no concello de Malpica de Bergantiños, atópase o arquipélago das Sisargas formado polas illas Grande, Chica e Malante, amais de pequenos illotes como son Chalreu, Xoceiro, A Chan, María, Gateira e outros.

Na Grande érguese o faro, agora con funcionamento a control remoto, pero con presenza humana desde o seu ano de construción no ano 1853 ata o 2002, sendo unha das lanternas máis antigas da Costa da Morte. Semella que houbo tamén unha capela con advocación a Santa Mariña e que foi derruída por incursións piratas na Idade Media.

Outras edificacións nesta illa son o Faro Vello -que foi unha construción provisional para suplir ao faro orixinal durante a súa remodelación- e o edificio da “Vaca Vella” que dispuña dun sistema acústico de aviso que funcionaba nos días de néboa. A illa Grande posúe un embarcodoiro, unha pequena praia ao sur e un reducido piñeiral que medra con dificultade na parte máis alta.

A Malante sitúase ao este da Sisarga Grande, presentando a parte norte máis abrupta e a sur de perfil máis suave. A Sisarga Chica asoma ao sur da illa Malante.

O arquipiélago goza de protección ao estar incluído na Rede Natura 2000, sendo asemesmo Zona de Especial Conservación e Protección de Aves. Teñen presenza aquí as gaivotas escuras e tridáctilas, os araos dos cons e os corvos mariños. É posible visitalo contratando embarcación en Malpica.

O noso percorrido, circular, podémolo comezar na praia de Canido, ao final do paseo marítimo de Malpica. O primeiro treito irá polo interior e neste curto tramo só podemos reseñar o modesto pazo de Sorrío e un cruceiro en Cepido.

Axiña conectamos en Beo co Camiño dos Faros, que faremos camiñando cara o norte para chegar a Malpica, sempre polo bordo costeiro. Pasaremos por riba de varios cantís e fronte ao cabo do Santo Hadrián -no extremo máis septentrional da península de Beo- e a uns 1200 metros da costa, emerxen as Sisargas.

Achegámonos a remozada capela do Santro Hadrián, con abraiantes vistas, e de camiño a Malpica poderemos beber na fonte deste santo, na de Navenllos ou na do areal de Seaia. Desde esta praia só resta percorrer un quilómetro para acadar o punto de saída na praia de Canido, en Malpica.

Ver más external

foto

Banco

Banco no cabo do Santo Hadrián.
foto

Beo

Lugar no concello de Malpica de Bergantiños.
foto

Camiño 1

Camiño por riba da praia de Canido.
foto

Camiño 2

Camiño entre Sorrío e Beo.
foto

Camiño Faros

Camiño litoral pola Costa da Morte. Entre Malpica e Fisterra.
foto

Cantil 1

Cantil no Camiño dos Faros.
foto

Cantil 2

Cantil no Camiño dos Faros.
foto

Cantil 3

Cantil no Camiño dos Faros.
Arquitectura religiosa

Capela Sto Hadrian

Capela con advocación a Santo Hadrián.
Waypoint

Comezo Malpica

Punto de comezo na praia de Canido, Malpica.
Arquitectura religiosa

Cruceiro Cepido

Cruceiro en Cepido, Beo.
fuente

Fonte 1

Fonte de auga potable en Seaia.
fuente

Fonte 2

Fonte no areal de Seaia.
fuente

Fonte 3

Fonte por riba da praia de Canido, en Malpica.
fuente

Fonte de Navenllos

Fonte de auga potable.
fuente

Fonte Sto Hadrian

Fonte por debaixo da capela do Santo Hadrián.
Picnic

Mesas

Área de lecer na praia de Beo.
Edificio de interés

Pazo Sorrio

Pazo no lugar de Sorrío, Malpica.
Praia

Praia Canido

Praia no extremo do paseo marítimo de Malpica.
Praia

Praia de Beo

Praia en Beo.
Praia

Praia de Seaia

Areal no lugar de Seaia, Malpica.
foto

Seaia

Lugar do concello de Malpica de Bergantiños.
panoramica

Vistas Malpica

Vistas de Malpica, por riba da praia de Canido.
panoramica

Vistas Sisargas

Vistas as Illas Sisargas desde o Cabo do Santo Hadrián.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta