Tempo  3 horas 24 minutos

Coordenadas 1130

Fecha de subida 10 de mayo de 2015

Fecha de realización mayo 2015

-
-
815 m
124 m
0
2,7
5,4
10,84 km

Vista 918 veces, descargada 6 veces

preto de La Hermida, Cantabria (España)

Dispuñamos de pouco tempo e o día remataba, así que non fixemos a ruta completa, soamente até as Invernales de Prías (a aproximadamente media hora de Tresviso).
Ruta curta en distancia pero que salva moito desnivel, máis de 800 m, realmente espectacular e algo dura, pero pola extensión e facéndoa devagar, é doado completala.

O percorrido faise polo camiño construído a comezos do século XX para baixar o mineral dunha explotación de cinc próxima a Tresviso e así poder sacalo pola Hermida. Este camiño é o principal acceso a este núcleo de poboación dende Cantabria (dende Asturias accédese por Sotres, a 50 km de Urdón).
Hai fontes nas invernais e en Tresviso.

Dar co punto de partida é moi sinxelo, posto que no desfiladeiro da Hermida vemos claramente as indicacións (central eléctrica de Urdón, a 17 km de Potes). Avanzamos cara á central eléctrica, que deixamos á nosa esquerda e imos atravesando pontes sobre o río Urdón. Logo duns quince minutos, pasando Entrelospuentes e xa na beira dereita do río (no sentido da marcha) imos deixando a garganta do río e comeza a ascensión pola canle Cerrosa, xa en zigzag. Xa a bastante altura sobre o río deixamos esta canle e imos cara á Bargona, un amplo relanzo no camiño onda unha torre do tendido eléctrico que constitúe un fabuloso balcón a 400 m dende o que gozar coa panorámica da garganta. Tras o últimos zigzags, bastante máis prolongados, nunha revolta está o coñecido como balcón de Pilatos. A partir de aquí xa comza a albiscarse a aldea de Tresviso, á que se chega logo de pasar as invernais de Prías e subir a última costa, derradeiros zigzags xa entre vexetación.

No descenso cómpre ter coidado por mor da pedra solta, polo que co piso mollado esta ruta non resultaría nada recomendábel.
Urdón. Central eléctrica
Invernales de Prías
Balcón de Pilatos
La Bargona

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta