• Foto de Val do río Asma (Carballedo - Chantada)
  • Foto de Val do río Asma (Carballedo - Chantada)
  • Foto de Val do río Asma (Carballedo - Chantada)
  • Foto de Val do río Asma (Carballedo - Chantada)
  • Foto de Val do río Asma (Carballedo - Chantada)
  • Foto de Val do río Asma (Carballedo - Chantada)

Tempo  5 horas 17 minutos

Coordenadas 1126

Fecha de subida 27 de febrero de 2010

Fecha de realización febrero 2010

-
-
640 m
544 m
0
2,9
5,9
11,75 km

Vista 4929 veces, descargada 60 veces

preto de Cartelos, Galicia (España)

Este roteiro non sinalizado transcorre polos concellos lucenses de Carballedo e na súa meirande parte polo de Chantada, polo val do río Asma e nunha comarca pertencente a Ribeira Sacra do río Miño.
Comezamos a nosa andaina no lugar de Vilaguillulfe, na parroquia de Cartelos (concello de Carballedo) e moi preto do pazo de Cartelos que é de titularidade particular e onde se atopa un carballo de enormes proporcións: perimetro de 11 m. na base, altura de 34 m. e cunha idade estimada duns 400 anos (mágoa que non se poda ver ao estar no interior da propiedade).
Desde Vilaguillulfe metémonos por un camiño que leva a Burgás (concello de Chantada) e logo de atravesar o rego de Portafría, subimos dando unha reviravolta para chegar a Santa Cruz. Boas vistas sobre o amplo (non esperedes o canón do río Miño) e verde val do río Asma, con extensos prados e con sebes conformadas por árbores, sobre todo carballos.
En Santa Cruz vemos a súa igrexa e baixamos a procura do río Asma. Pasamos por Viana cunha casa grande e espéranos outra aldea: Axulfe.
Na paisaxe seguen as veigas salpicadas de árbores. Ven logo Quintela, A Cruz e a seguir unha congostra conducénos a unha carballeira que remata na igrexa de San Vicente.
Seguimos polo concello de Chantada, polos lugares de Abeleda e Esmoriz, volvendo hacia o río Asma, que atravesamos por unha pontella e acompañámolo pola súa arborada beira durante uns trescentos metros. Xa albiscamos Vilaguillulfe, onde comezamos.
Waypoint

A CRUZ

Waypoint

ABELEDA

Waypoint

ALXIBE

Waypoint

AXULFE

Waypoint

BURGAS

Waypoint

CARBALLEIRA

Waypoint

CASA GRANDE

Waypoint

CONGOSTRA

Waypoint

ESMORIZ

Waypoint

FONTE 1

Waypoint

FONTE 2

Waypoint

FONTE 3

Waypoint

IGREXA AXULFE

Waypoint

IGREXA S VICENTE

Waypoint

IGREXA STA CRUZ

Waypoint

PAZO CARTELOS

Pazo de Cartelos
Waypoint

QUINTÁ

Waypoint

QUINTELA

Waypoint

REGO

Waypoint

REGO PORTAFRIA

Waypoint

RIO ASMA

Waypoint

RIO ASMA

Waypoint

SANTA CRUZ

Waypoint

VIANA

Waypoint

VILAGUILLULFE

2 comentarios

  • Foto de efeso55

    efeso55 28-mar-2017

    Una ruta que recuerda a la poesía de Rosalía... prados, ríos, arboredas, casiña de meu contento... Gracias

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 28-mar-2017

    Gracias a ti, "efeso55", por tu amable comentario.
    Saludos de Suso.

Si quieres, puedes o esta ruta