Tempo  7 horas 44 minutos

Coordenadas 1565

Fecha de subida 13 de septiembre de 2012

Fecha de realización septiembre 2012

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
376 m
20 m
0
4,1
8,2
16,38 km

Vista 5987 veces, descargada 113 veces

preto de Amoedo, Galicia (España)

Este roteiro circular non sinalizado percorre todo o val do río Pequeno, desde os arredores do seu nacedeiro, en Pazos de Borbén, ata a súa desembocadura no río Oitavén, xa por terras de Aranza, en Soutomaior.
Podemos comezalo en Amoedo, Pazos de Borbén, por debaixo da igrexa, na estrada que leva a Soutomaior e baixando por unha corredoira que en treitos está marcada polas rodeiras do paso de carros e que pronto cruza un novo río Pequeno que vai por unha vizosa fraga.
Conectamos coa Senda da Auga, paralela a tubaxe do suministro a Vigo e avanzamos escoltados por unha carballeira. Abandonamos a Senda para achegarnos ata o lugar de A Ermida, baixando novamente a traza da auga por corredoiras e antigos camiños empedrados.
Agora a Senda da Auga, durante uns dous quilómetros, faise aburrida por monótona e deixámola ao chegar ao depósito de augas de Aranza. Descendemos por Aranciña e Zopillo nunha zona de soleados e fermosos socalcos que asoman ao río Pequeno.
Por unha ponte pasamos a outra ourela do río e subimos para a capela da Virxe da Pena de Francia, un pouco antes de Cortellas. Desde aquí seguiremos por un camiño a media aba e, pasados os lugares de As Penas e O Cabalo, imos cara ao monte para logo baixar a un área de lecer con dúas pucharcas e un muíño, a entrada de Lamasusán, e desde aquí acadamos o punto de comezo do roteiro.

Ver más external

Aldea de Pazos de Borbén.
Lugar de Soutomaior.
Área recreativa con mesas, fonte e un muíño. Está en Lamasusán, Pazos de Borbén.
Capela no lugar de A Ermida, Pazos de Borbán.
Capela próxima a Cortellas, Soutomaior.
Punto de inicio do roteiro, en Amoedo, Pazos de Borbén.
Lugar do concello de Soutomaior.
Cruceiro en Lamasusán, Pazos de Borbén.
Cruz nunha ponte sobre o río Pequeno.
Desvío para ir a aldea de A Ermida.
Desvío para baixar a Aranza.
Aquí abandonamos o pequeno treito que coincide co Sendeiro das Greas.
Fonte preto da capela da Virxe da Pena de Francia.
Fonte na área de lecer de Lamasusán, Pazos de Borbén.
No lugar de Cortellas, Soutomaior.
O noso percorrido coincide nun pequeno treito co Sendeiro das Greas.
Lugar de Pazos de Borbén, en Amoedo.
Muíño na área de lecer de Lamasusán, Pazos de Borbén.
Ponte sobre o río Pequeno, preto da súa desembocadura no río Oitavén.
Represa na área de lecer de Lamasusán, Pazos de Borbén.
Represa na área de lecer de Lamasusán, Pazos de Borbén.
Río Pequeno preto do seu nacedeiro.
Senda da Auga que vai desde o encoro de Eiras ata Vigo.
Sendeiro paralelo a traida de augas a Vigo.
Lugar do concello de Soutomaior.

3 comentarios

  • Foto de medusaw

    medusaw 01-may-2014

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Bonita ruta, quizás como indica Jesús la zona de la tubería de la traída un poco monótona pero pienso que merece la pena por estar rodeado de robles, helechos, etc además de las vistas de las montañas. la zona de Aranza y Cortellas me ha impresionado con sus vistas. Es recomendable llevar calzado un poco impermeable pues encuentras muchos caminos con riachuelos y barro. Gracias por compartirla!

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 01-may-2014

    Gracias por el comentario, "medusaw". Me alegro de que te gustase.
    Saludos de Suso.

  • Foto de jotrico

    jotrico 23-dic-2014

    Hola Suso:
    Espero que ya te hayas recuperado del accidente con la vaca.
    Ayer hemos hecho esta ruta, un poco ampliada. Con el día de sol que nos tocó en suerte hemos disfrutado a tope de los parajes tan hermosos que nos ofrece el valle.
    Un saludo y felices navidades.

Si quieres, puedes o esta ruta