Tiempo en movimiento  unha hora 55 minutos

Tempo  3 horas 13 minutos

Coordenadas 1672

Fecha de subida 13 de enero de 2019

Fecha de realización enero 2019

-
-
483 m
59 m
0
2,6
5,1
10,22 km

Vista 49 veces, descargada 2 veces

preto de Valenzana, Galicia (España)

Ruta polo periurbán ourensán que permite pasar case sen transición do (pequeno) bulicio da cidade á natureza asilvestrada. Sáese da (...?) urbanizativa da Valenzá, a carón da Autovía, onde hai lugar ben cómodo para estacionar. Subindo por un "parque para cans" continúa a ascensión por urbanizacións chamativas para ver (e ser vistos) pero pouco pensadas para unha a vida cotiá da xente. Entrando no monte, segue a subida por antigos camiños estragados pola auga o que ben puido se evitado cunhas cantas augueiras que a desviasen cara os arredores, como se fixo toda a vida... Subindo, subindo (con vistas sobre a cidade e contorna) chégase ao Pendo do Tangaraño, un lugar cheo de lenda e "misterio"; boas vistas tamén dende aquí. Continuando a costa alcánzase o templo do San Bieito tan avogado el, seica, contra as espullas.
Dende aquí todo será baixada por camiños ata chegar de novo as aldeas desaldeizadas (As Airas, Os Rosales) onde xa hai que camiñar por estradas asfaltadas. En chegando ao regato de Barbadás xa se pasa so a Autovía e se sobe cara o lugar de inicio.
É unha ruta entretida e ao "alcance da man" para @s camiñantes de Ourense. Todos os camiños están despexados, aínda que, como queda dito e comentado nos waipoints, nalgúns cachos, a auga (e tamén os moteiros en menor medida) estravancounos.
Feita seguindo: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/barbadas-comarca-de-ourense-ourense-ruta-desde-a-valenza-a-san-benito-de-coba-do-lobo-16114253#wp-16114267
EDITO, para comentar que o track presenta un erro logo do comezo ben visible. Sospeito que a nova versión "Premiun" poida ter algo que ver con este fallo do GPS (solucioneino desactivando-activando)...
O que vén sendo un cacho de monte valado e xustificativo de gastos (malicio eu).
As Lamas
Antiga fonte, hoxe en desuso, pero polo menos limpa.
Camiño antigo limpo pero en desuso real...
A morte do rural e o descoido dos que, por outra parte, xustifican gastos e publicitan realizacións trae que as augas recuperen o seu descorrer ancestral. Vaia, que a auga meteuse polo camiño porque ninguén limpa as augeiras...
Conexión cun dos roteiros dos Castros.
Milagreiro contra as "varrugas" (ou o que ven sendo a autosuxestión)...
Deixar a estrada.
Cons siveiras, pero pódese pasar sen problema.
Ligazón co Camiño Natural de San Rosendo.
Que tolemia!

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta