• Foto de VARIANTE MURALLA (Rianxo) dende Ermida pasando por Bustelo
  • Foto de VARIANTE MURALLA (Rianxo) dende Ermida pasando por Bustelo
  • Foto de VARIANTE MURALLA (Rianxo) dende Ermida pasando por Bustelo
  • Foto de VARIANTE MURALLA (Rianxo) dende Ermida pasando por Bustelo
  • Foto de VARIANTE MURALLA (Rianxo) dende Ermida pasando por Bustelo
  • Foto de VARIANTE MURALLA (Rianxo) dende Ermida pasando por Bustelo

Tempo  5 días unha hora 2 minutos

Coordenadas 1932

Fecha de subida 3 de junio de 2015

Fecha de realización mayo 2015

-
-
665 m
76 m
0
4,3
8,5
17,02 km

Vista 835 veces, descargada 14 veces

preto de As Miráns, Galicia (España)

Sairemos da aldea da Ermida, iremos ata Pozo Bastón, iremos algo pola beira do río Te (é máis arriba que na ruta anterior), subimos ata chegar a aldea de Campelo para logo subir á Muralla, ogallá esté o día despexado e poidamos disfrutar das impresionantes vistas, se o día está claro incluso é posible ver as torres da catedral. Baixaremos ata a pedra dos catros concellos , seguimos pola pista de asfalto uns 2 km para logo desviarnos a dereita por camiños de terra ata chegar aldea de Bustelo (parroquia de san xoan de Imo - concello de Dodro) seguimos polos camiños de terra ata chegar aldea de A Hermida (Rianxo).

Tal como está no track se fixo en sentido contrario do que aqui se explica.

Como había néboa no alto non se chegou ao alto da Muralla onde está unha caseta e unhas antenas, faltarían uns 100 metros pero para chegar non hai dúbida, vese claramente.
Nunha zona había algo de toxo, pero pódese pasar.

Ver más external

3 comentarios

  • Vintedouspés 04-jun-2015

    Pozo Bastón https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/variante-muralla-rianxo-dende-ermida-pasando-por-bustelo-9863902/photo-5913549

  • Vintedouspés 04-jun-2015

    Pozo Bastón https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/variante-muralla-rianxo-dende-ermida-pasando-por-bustelo-9863902/photo-5913552

  • Vintedouspés 04-jun-2015

    Sobre o pozo Bastón hai unha lenda (está sacada da páxina web http://www.galiciaencantada.com/index.asp)

    Do Pozo Bastón, no río Te, en Araño, concello de Rianxo (A Coruña) cóntase a seguinte lenda.
    Un mouro achegouse a un mozo de Araño que estaba facendo o servizo militar en África e preguntoulle de onde era. E como lle dixo que de Araño, o mouro preguntoulle se sabía onde quedaba o Pozo Bastón; o mozo díxolle que si, que o sabía, e entón o mouro faloulle así:
    —No Pozo Bastón están encantadas tres das miñas fillas. Se me fixeses o favor de ir alí e facer o que eu che diga para desencantalas daríache o que me pedises.
    Como o rapaz estivo de acordo en facerlle aquel favor, o mouro explicoulle ben o que tiña que facer cando se achegase ao pozo e deulle tres bolos de pan. Mais, insistiu o mouro, non perdas os bolos, non lle contes nada disto a ninguén, e, sobre todo, tes que chegar con eles alí sen que llles falte farangullo ningún.
    Cando o mozo regresou a Araño antes de ir ao Pozo Bastón pasou pola casa e pousou os bolos enriba da mesa da cociña. Mais a muller, curiosa, quixo ver o que había naquel envolto, destapou e levou á boca un anaco dun deles.
    O mozo moito lle rifou pero xa non había remedio. Colleu cara o Pozo Bastón e ao chegar, tal e como lle dixera o mouro, botou á auga un dos bolos. De contado víu saír da auga unha moza dunha fermosura nunca antes vista por el. Logo tirou o segundo dos bolos e saíu do pozo outra rapaza tan bonita como a primeira.
    Faltaba o terceiro dos bolos, o encetado pola muller. Tirouno e víu como pelexaba por saír da auga unha terceira moza, tamén moi fermosa, pero coxa. Moito turrou a moza mais como ela non era quen de saír do pozo por sí soa agarrouse ás súas irmás e... volveron as tres para a auga.
    E alí estarán aínda, entre os cachóns de auga batida daquela fermosa fervenza que se chama Pozo Bastón. https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/variante-muralla-rianxo-dende-ermida-pasando-por-bustelo-9863902/photo-5913556

Si quieres, puedes o esta ruta