• Foto de Vía Mariana
  • Foto de Vía Mariana
  • Foto de Vía Mariana
  • Foto de Vía Mariana
  • Foto de Vía Mariana
  • Foto de Vía Mariana

Coordenadas 379

Fecha de subida 3 de abril de 2019

Fecha de realización abril 2019

-
-
415 m
227 m
0
3,4
6,8
13,61 km

Vista 218 veces, descargada 3 veces

preto de Orbellido, Galicia (España)

O Concello de Vimianzo propón realizar a Vía Mariana, no tramo que descorre polas terras de Vimianzo entre o Orbellido e Berdoias, co obxecto de dar a coñecer esta ruta que se inicia na cidade de Braga (Portugal) e remata na localidade galega de Muxía.
Trátase dunha ruta que pretende recuperar antigos camiños históricos polos territorios do interior de Galicia e norte de Portugal, pasando polos principais santuarios de culto relixioso e panteísta, que teñen a súa orixe no mundo precristián e continuaron ao longo do tempo vertebrando a vella Gallaecia.
Concretamente, o tramo de Vía Mariana que vai dende o Orbellido a Berdoias ten unha distancia de case 14 km, dos que o 50% descorren por camiños e o outro 50% por pistas asfaltadas de escaso tráfico. Durante a andaina teremos a ocasión de visitar a Igrexa de Santo Antoiño de Baiñas, así como o Dolmen da Casota de Freans (Berdoias) datado entre o 2.500 e o 2.000 a.C.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta