Tempo  4 horas 59 minutos

Coordenadas 1947

Fecha de subida 22 de marzo de 2015

Fecha de realización marzo 2015

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
975 m
627 m
0
4,9
9,8
19,58 km

Vista 4724 veces, descargada 98 veces

preto de Campo do Gerez, Braga (Portugal)

A Vía Nova Romana ou Vía XVIII
A Vía Nova ou Vía XVIII do itinerario de Antonino, foi construída polos romanos para unir dúas capitais de conventus: Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), na segunda metade do século I d.C.

Atravesaba a actual provincia de Ourense seguindo a diagonal suroeste-noreste, desde o paso fronteirizo de Portela de Homem ata a Serra de Enciña da Lastra, buscando en Bergium Flavium (Cacabelos ou as súas inmediacións) a conexión coas máis antigas rutas XIX e XX para dirixirse a Astorga.

A Vía Nova era unha das tres vías construídas na Gallaecia romana, e foi realizada cando Tito e Domiciano eran os emperadores de Roma, é decir entre os anos 79 e 96 d.C. As outras dúas vías construídas na nosa Terra eran a Vía XIX ou a Vía Perloca Marítima, que como o seu nome indica ía pola costa; e a Vía XX, que saía de Brigantium (cerca de Betanzos), pasando por Lugo ata Asturica Augusta.

A Vía Nova extendíase ao longo de 215 millas romanas (cada milla romana equivale a uns 1.480 metros), uns 318 kilómetros. É no tramo entre Bracara Augusta e Portela de Homem, no Parque Nacional de Peneda-Gerês, onde atopamos o tramo mellor conservado.

Durante séculos, esta via foi percorrida por lexionarios e viajantes romanos.

A efectos da sinalización e medición, o seu discurrir polas xurisdicións tribais dos Limici, Equaesi, Tiburi e Cigurri, non tiñan tiñan influencia na vía, pero sí o paso do Conventus Bracarensis ao Asturicenses, pois a partir desta liña divisoria, os miliarios contaban a distancia á capital conventual máis próxima.

O trazado da Vía Nova debuxa infinidade de curvas e rodeos para superar as condicións topográficas do terreo, adaptándose perfectamente a este, e aproveitando as características naturais, coa condición expresa de non sobrepasar o 5,5 % – 6 % de pendente máxima.
info
geira
milla XXXI
milla XIII
fonte da balsada
ponte romana
milla XXXIV
portela do home
ponte de an miguel
milla XXXIII
milla XXX
geira
embalse de vilarinho de furnas
milha XXIX

1 comentario

  • Foto de JF1984

    JF1984 25-jul-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Obrigado pela partilha.
    Bom percurso para apreciar a natureza e a história da "Via Nova".

Si quieres, puedes o esta ruta