Tiempo en movimiento  unha hora 56 minutos

Tempo  2 horas 57 minutos

Coordenadas 1695

Fecha de subida 12 de mayo de 2019

Fecha de realización mayo 2019

-
-
750 m
619 m
0
2,5
4,9
9,88 km

Vista 3 veces, descargada 0 veces

preto de Villar de Santos, Galicia (España)

Rutiña polo concello de Vilar de Santos, con inicio diante do Museo da Limia, na capitalidade do concello.
O percorrido decorre por camiños de terra, ben limpos, coincidindo con rutas marcadas nalgúns treitos e combinando outras alternativas noutros. Dende un par de altos divísanse boas panorámicas da Limia e montes que a delimitan. Dende aquí podemos ver as torres de Pena e de Porqueira que noutrora servían para a "defensa" da Limia, xunto coas de Sandiás e a desaparecida de Congostro (monte do Castelo).
Non ten unha especial dificultade; as subidas e baixadas son suaves. Moi conveniente GPS para seguila por non adaptarse a algunha ruta sinalizada concreta.
Resulta moi agradable para días solleiros porque mormente vai pola sombra de carballeiras. Como colofón, podemos aisitir a algún dos eventos da Arca da Noe, que ten unha interesante programación cultural e onde tamén podemos comer un menú sinxelo de produtos locais deliciosos.
Feita seguindo (parcialmente) esta de Arraiano: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/vilar-de-santos-v-g-26415-cubelo-ourense-3157986
Desvío da ruta sinalizada.
Pódese coller aquí a ruta sinalizada. A alternativa seguida non presenta problema pero tampouco engade nada especial.
Aldea ben xeitosa.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta