-
-
232 m
3 m
0
2,7
5,5
10,99 km
Vista 2594 veces, descargada 43 veces
preto de Vimianzo, Galicia (España)
Ruta polo antigo camiño que ía de Vimianzo cara a ría de Camariñas, polos montes do oeste do Val de Soneira. Neles atoparemos unha necrópole megalítica (a Mina de Folías) e un castro prerromano (o castro do Croado), ademais dunhas magníficas vistas dende a peculiar Casa do Prado.
Así chegaremos ó pequeno lugar de Cereixo, unha vila cargada de historia, onde hai varias casas señoriais, unha igrexa prerrománica e un muíño de mareas. Todo conectado por un fermoso paseo fluvial.
Así chegaremos ó pequeno lugar de Cereixo, unha vila cargada de historia, onde hai varias casas señoriais, unha igrexa prerrománica e un muíño de mareas. Todo conectado por un fermoso paseo fluvial.
Curro onde se celebra a Rapa das Bestas. A mediados do mes de xullo reúnense todos os cabalos que andan ceibes polo monte Faro e arredores e reúnense neste campo, o campo da Areosa. Logo xúntanse no curro, e córtanselle as crins dos cabalos. O máis bravo e famoso é o Rubio, que non se deixa coller tan fácilmente.
A Mina de Folías trátase dun conxunto de tres mámoas, monumentos funerarios prehistóricos.
Unha das mámoas atópase na outra beira da estrada, nunha finca privada inaccesible.
Outro montículo é ben visible nesta finca. No seu cume déixase ver algunha lousa, no seu burato de profanación
Por último, a terceira mámoa está escavada, deixando ver a anta. Pola tipoloxía debeu ser construido do 4000 ó 3000 a. C.
A cámara era poligonal, aínda que só conserva cinco lousas verticais e a tampa.
A Mina de Folías trátase dun conxunto de tres mámoas, monumentos funerarios prehistóricos.
Unha das mámoas atópase na outra beira da estrada, nunha finca privada inaccesible.
Outro montículo é ben visible nesta finca. No seu cume déixase ver algunha lousa, no seu burato de profanación.
Para chegar a el:
O dolmen atópase dentro dunha finca ao lado da estrada. Non ten sinalización. Hai unha gran entrada para unha finca. Que non nos despiste, porque é a que está a súa esquerda. A que aparece na foto, entre pinos.
Tan pronto como se entra á finca (ben situada na localización)de fronte á entrada apréciase un montículo, é unha mámoa. Logo, dende a mámoa hai que dirixirse cara a esquerda un pouco ata que vexamos o dolmen. Un pouco de traballo de exploración.
Se vos atrevedes a subir ó cumio deste monte, non vos arrepentiredes. As vistas son impresionantes: a ría de Camariñas, os Penedos de Pasarela ou os xigantes eólicos formando enormes ringleiras do Monte Redondo.
O castro non está escavado, polo que non hai ruínas que ver desta cidá da que cantan: "Croado, Croado, quen me dera o teu reinado".
Chegamos ó fermoso conxunto histórico de Cereixo, á beira da desembocadura do río Grande na ría de Camariñas.
Arrasado polos viquingos no século X, foi un importante porto cando era navegable e “cidade de vacacións” de fidalgos e nobres. Proba disto, as numerosas casas fidalgas do lugar, coma a barroca Vila Purificación.
Datan do século XVI. Actualmente pertencen a don Santiago
Fernández Puentes e é empregada como residencia.
Presenta dúas torres de planta cadrada unidas por un
corpo rectangular máis baixo. No interior existe unha árbore
(un magnolio) tan antiga como o edificio. O material que
predomina nesta construción é a pedra. O escudo está
vinculado ós condes de Maceda e Taboada, no que se
representan as armas dos Bermúdez, Novoa, Castro, Soutomaior,
Mendoza e Villamaría, entre outros. Nas outras
fachadas aparecen tres escudos, máis sinxelos, vinculados
ás liñaxes máis antigas da casa: Moscoso, Carantoña,
Caamaño, Guisamonde e Montenegro.
Data do século XII e é de estilo románico. Este templo foi
posiblemente un lugar de parada dos peregrinos que chegaban
por mar ó porto de Cereixo e se dirixían a pé a Santiago.
Presenta nave única e capela rectangular. Soportando o
beirado dispóñense unha serie de canaliños que presentan
diferentes formas, temas e motivos. Estas imaxes plasman
vicios e pecados, advertindo ó fiel que era indigno de entrar
no espazo sagrado do interior do templo se caera en pecado
o u c o m e t e r a a l g u n h a i m p u r e z a .
No lado sur ábrese unha interesante porta románica onde
cabe destacar unha creación única no románico de toda
España e a primeira do mundo: a representación do traslado dos restos de Santiago
nunha barca, acompañado polos seus sete discípulos.
Data do século XVII. Ten dimensións adecuadas para desempeñar
funcións de muíño e vivenda. A súa planta é
rectangular, con cuberta a dúas augas na que se abren
tres elementos abufardados. A entrada realízase polos
lados curtos do volume, que queda unido á terra por dúas
pasarelas. Pertencía ó afamado coreógrafo Rei de Viana,
que contaba cun pergamiño que databa a construcción do
muíño no ano 1679, sendo o principal dos que posuía o
feudo dos Moscoso e Altamira. Con posterioridade pertenceu
á Condesa da Torre, pero antes disto o muíño era cedido
mediante foro a familias de campesiños que o explotaban
e residían nel.
Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
Comentarios