Coordenadas 1595

Fecha de subida 12 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
323 m
103 m
0
3,8
7,6
15,12 km

Vista 798 veces, descargada 15 veces

preto de Las Caldas, Galicia (España)

O xacemento arqueolóxico de Santomé aséntase sobre un escarpado espigón, facendo o río Loña de defensa natural. Na cara norte había un foxo e un terraplén e amais contaba con murallas concéntricas.

Semella que o castro do curuto está datado nun periodo que vai desde o século I a.C. ata o II d.C. e xa desde o século I d.C. esténdese polas abas outro poboado. A mediados do II d.C. ámbolos dous asentamentos foron abandonados ou destruidos, para un século máis tarde xurdir novas construcións tardo-romanas de tipoloxía rectangular.

Podedes ampliar esta información na páxina web do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

O itinerario podémolo comezar na área deportiva e de lecer de Oria e atravesaremos o río Miño pola pasarela peonil para chegar a desembocadura do Lonia ou Loña por cuxa beira imos augas enriba para conectar co antigo camiño empedrado que nos acerca ao xacemento castrexo e tardo-romano de Santomé.

Segue a nosa andaina baixando pola fraga que hai nos arredores do encoro de Castadón e pasado Tibiás teremos unhas fabulosas vistas sobre a cidade de Ourense desde un carreiro flanqueado por érbedos e aciñeiras.

En Velle pasamos por diante da igrexa barroca de Santa Marta e por unha corredoira baixamos cara o Miño. Desde A Granxa ata o encoro de Velle e durante un quilómetro temos que pisar sobre asfalto. Pasando por riba do embalse entramos de novo na área de lecer de Oria, nas beiras do Miño e punto de comezo do noso roteiro.

Ver más external

Bosquete de aciñeiras en Tibiás.
Camiño na parroquia de Velle.
Antigo camiño empedrado de subida ao castro de Santomé.
Carreiro no lugar de Tibiás.
Lugar en Velle.
Poboado castrexo en Santomé, Ourense.
Punto de inicio do roteiro na área de lecer de Oria, Ourense.
Corredoira entre Quintela de Velle e Casixova.
Congostra na parroquia de Velle, Ourense.
Embalse no río Miño.
Pequeno bosquete de érbedos en Tibiás.
Ruínas dunha antiga fábrica de electricidade no río Loña.
Fonte e lavadoiro na parroquia de Velle.
Igrexa en Tibiás.
Igrexa barroca en Velle.
Lagoa nun recuncho do río Miño.
Muíño en ruínas nas beiras do río Loña.
Pasarela na desembocadura do río Loña.
Pasarela de madeira no paseo do río Loña.
Ponte peonil sobre o río Miño.
Paseo pola marxe esquerda do río Loña ou Lonia.
Asentamento castrexo de Santomé, Ourense.
Ponte medieval sobre o río Loña.
Pontella sobre o río Loña.
Lugar na parroquia de Velle, Ourense.
Afluente do río Miño pola marxe esquerda.
Principal río galego.
Lugar na parroquia de Velle.
Lugar que conta cun importante asentamento arqueolóxico.
Carreiro entre Casixova e A Granxa, en Velle.
Lugar en Velle, Ourense.
Fortificación no poboado castrexo de Santomé.
Parroquia de Ourense.
Vistas panorámicas da cidade de Ourense desde Tibiás.
Vistas de Ribela, Coles.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta