Tempo  4 horas 18 minutos

Coordenadas 1836

Fecha de subida 9 de octubre de 2013

Fecha de realización octubre 2013

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
1.571 m
1.002 m
0
3,7
7,4
14,8 km

Vista 1967 veces, descargada 37 veces

preto de Xares, Galicia (España)

Ruta para realizar nunha mañá ou nunha tarde. No noso caso, para aproveitar a fin de semana en Trevinca e logo dun sábado intenso, ruta para o domingo pola mañá.
O camiño é todo o tempo pista bastante cómoda, aínda que os primeiros cinco quilómetros son de ascensión continua, practicamente até o Acebal Negro. As lagoas son bonitas, aínda que probablemente o serían máis cun sol menos intenso que o que nos cadrou ou, se cadra, coa luz da tarde e non da mañá. A época do ano (outubro) despois dun verán moi seco fai que o leito da lagoa non estea totalmente cuberto, pero os comezos de outubro teñen outras vantaxes: época de reprodución dos cervos, tempo de celo que fai que os berros sexan unha constante durante a ruta, que transcorre na súa totalidade en couto de caza.
Sen abandonar o camiño, puidemos ver un par de cervos e unha raposa, pero xabaril debe haber bastante, por todos os excrementos que fomos atopando (facilitado pola abundancia de capudres, con froitos que deben ser frecuentes na súa dieta). Arredor das lagoas, numerosas pegadas de cervo.
Para o noso gusto, a máis bonita, con diferenza, a lagoa de Ocelo (ou do Celo), se ben os desprendementos de pedras lle confiren certa fermosura á de Laceira.
En resumo, paseo interesante e cun descenso bonito despois de ver as lagoas, con regos e zonas moi húmidas, tanto soleadas como sombrías, que fan que haxa unha vexetación bastante vistosa (capudre, cerquiño, zonas de pedra con moita carriza...).
Lagoa de Ocelo
Lagoa de Carrizais
Lagoa de Laceira

3 comentarios

  • Kincho. 17-ago-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Bonitas vistas en un entorno natural impresionante

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 17-ago-2016

    Grazas polo teu comentario, Kincho. Supoño que cun verán tan seco como este as lagoas non estarán no seu mellor momento, pero así e todo a ruta paga a pena

  • Kincho. 18-ago-2016

    si, pagou moito a pena ata co desnivel e os 32 graos :D

Si quieres, puedes o esta ruta