Tempo  7 horas 43 minutos

Coordenadas 1846

Fecha de subida 11 de julio de 2017

Fecha de realización julio 2017

-
-
95 m
46 m
0
4,9
9,7
19,41 km

Vista 494 veces, descargada 15 veces

preto de Xuño, Galicia (España)

Ruta partindo do cámping Fraga Balada (bastante recomendable) e que vai ata o Castro de Baroña seguindo a liña da costa. O percorrido segue unha ruta de Club Acivro https://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8572795 Á volta, corríxense algunhas das dificultades da ida, ou abréviase. Os estorbos mores poden ser atravesar os ríos Sieria e Maior. No verán, con pouca auga e marea baixa, non compre nin sequera descalzarse. Con marea alta ou meirande caudal, si. Tamén hai un breve cacho de monte de toxos e silvas, onde está marcado o waypoint "Mato picón"; levando pantalón con perneira é bastante levadeiro. Se non... arrabuñarse!
A ruta é moi amena e conta con varios puntos de interese, amén a paisaxe sempre fermosa. Sempre podemos deternos a darno un baño nalgunha das praias que atravesamos. Non compre bañador na de Arealonga, pero tamén noutras podemos bañarnos ou tomar o sol espidas ou espidos, con toda naturalidade.
Magnífica praia, coa dificultade de baño das fortes ondas que hai moitas veces e o vento. Nudismo sen problemas.
Monumento a Ramón Sampedro
Como se ve nas imaxes, pódese vadear sen descalzarse sequera se imos pola parte do mar cando está a marea baixa.
Magníficas vistas desta fermosa a bastante conservada costa.
Mato picón de toxal e silveiral
Capela rupestre, ou de como a Igrexa se apropia de todo canto de destacado hai. Por publicidade posicional, non nos enganemos...
Vao do río Maior, na praia do Dique. Pásase sen problema cando leva pouco caudal.
Baroña
Castro
Praia de Arealonga, que nalgún momento foi bandeira da loita contra o reaccionarismo e a intolerancia e hoxe volve ser mostra diso mesmo, pois unha alta porcentaxe de bañistas asiste a medio espir... Queda por saber por que van a esa, que tampouco está tan cómoda nin céntrica...
Bar. Agradécese en días de calor poder tomar un refrixerante...
Subida/baixada polo cantil. Poñer cabeza, a parte dos pés...

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta