Tiempo en movimiento  2 horas 35 minutos

Tempo  4 horas 56 minutos

Coordenadas 2189

Fecha de subida 6 de octubre de 2018

Fecha de realización octubre 2018

-
-
800 m
458 m
0
3,2
6,4
12,88 km

Vista 169 veces, descargada 4 veces

preto de Junquera de Ambía, Galicia (España)

Ruta circular dende Xunqueira de Ambía, pasando por varias aldeas e o alto da Farria. Paisaxe amena de bosques autóctonos na meirande parte. Aldeas co consabido abandono, aínda sendo ricas como o mostran as boas casas que hai... en ruínas.
Descorre toda por camiños e coincide nunha parte cunha ruta marcada ao castro da Acea. Tamén estaba recente a marcación dunha andaina. Por todo elo os camiños están ben limpos. Só hai un erro (máis ben unha solución fácil polos organizadores dese circuito) pois unha canella non foi limpa derivando o o recorrido por un piñeiral/eucaliptal particular. Está marcado cun waipoint.
Ruta interesenate, en suma polo medio natural e humanizado: carballeiras, aldeas, monumentos, restos arqueolóxicos... Moi recomendable.
Non sendo a subida ao monte Farria, o resto é moi levadeiro.
Nalgún pequeno treito, pode haber dificultade para pasar en tempos de moita augada. Polo demais, calquera estación será boa para camiñar esta ruta.
Baixar pola canella cara o regueiro.
Vistas sobre o canón do Arnoia.
Sartego reaproveitado como abeberadeiro, cruceiro, fonte e lavadoiros.
Vista sobre o val do Arnoia e sobre a Limia
Unha fermosura arquitectónica.
Convén seguir a carón do prado (actual) a través do piñeiral.
Neste punto, non seguir a canella; seguir polo prado e o piñeira.
Aldea de Quintela.
Fermoso exemplar de arquitectura popular rica.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta