-
-
891 m
252 m
0
8,5
17
34,19 km

Vista 770 veces, descargada 2 veces

preto de Junqueiras, Galicia (España)

Andaina para eses días nos que a senda pola Fraga do Barragán non é suficiente e un sinte a obriga de conectar co GR-58 (Sendeiro das Greas) para subir a Coto de Eira.

Malia que hai moita auga en todo o traxecto, o único punto de auga potable atópase nunha billa instalada no muro da primeira casa que un atopa a man esquerda ao entrar de novo en Freaza tras baixar de Coto de Eira.

En abril, co toxo en flor, os panoramas son estupendos. En abril, co toxo en flor, haiche tamén moita lama nas corredoiras. Mais paga a pena.

É unha andaina longa, esa é a única dificultade. E hai que ter presente que hai bastante diferencia de temperatura entre a fraga e as zonas altas.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta