Descargar

Lonxitude

16,15 km

Desnivel positivo

720 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

650 m

Altitud máxima

884 m

Trailrank

39

Altitud mínima

380 m

Tipo de ruta

Circular
  • Foto de Xurés 3: Circular Vía XVIII e Corga da Fecha
  • Foto de Xurés 3: Circular Vía XVIII e Corga da Fecha
  • Foto de Xurés 3: Circular Vía XVIII e Corga da Fecha
  • Foto de Xurés 3: Circular Vía XVIII e Corga da Fecha
  • Foto de 01 Aquis Originis
  • Foto de 05b Cabaniña do Curro

Tempo

5 horas 6 minutos

Coordenadas

1244

Fecha de subida

4 de enero de 2012

Fecha de realización

enero 2012
Sé el primero en aplaudir
1 comentario
Compartir
-
-
884 m
380 m
16,15 km

Vista 4447 veces, descargada 111 veces

preto de Lobios, Galicia (España)

Traducción/Translation/Traduction: oajmer@gmail.com

Ruta circular que discorre pola Vía romana XVIII ou Via Nova, que unía Braga e Astorga, segue polo sendeiro de Cabaniña do Curro e baixa pola Corga da Fecha.

A ruta sae xunto á piscina termal de Baños de Riocaldo, entre Vilameá, Bubaces e Torneiros. Segue a ruta "Camiño Natural do Interior Vía Nova" e pasa xunto ás ruínas da "mansio viaria" Aquis Originis e logo continúa ata chegar ao cruce coa estrada que sube a Portela de Homem, onde se poden ver miliarios atopados na vía.
Cruzamos a estrada abandonando xa o "Camiño do Interior" e seguimos polo trazado da vía romana que pasa a ser un sendeiro inda que pode distinguirse bastante ben. Hai que dicir que en xuño do 2012, este tramo estaba moi complicado pola vexetación, polo que, se non se mellorou eso, é recomendable subir pola estrada ou pola pista que se aprecia do outro lado do val (á nosa dereita). Se seguimos polo track, de cando en vez hai postes metálicos que sinalan partes da vía e en moitos tramos pode apreciarse moi ben o seu trazado.
No punto 03 déixase a vía romana por un camiño duns 100 m entre maleza máis ou menos visible para saír a outra pista e logo á estrada ata chegar a onde inicia a pista a Cabaniña do Curro (04), marcada con postes de madeira.
Séguese esa pista ata o punto 05 e desde ahí cóllese outra para enlazar coa senda que baixa pola Corga da Fecha. Desde o punto 06 hai uns 300 m ata a Cabaniña.
A baixada da Corga da Fecha é unha senda moi revirada e con certa complicación. Todos os desvíos que aparecen no track cara a dereita son para puntos desde onde ver (e fotografar!) a impresionante Corga.

Ao chegar abaixo só queda repetir os 2 km iniciais do camiño de ida en sentido contrario.

Feita en Xaneiro de 2012.

Outras rutas no Xurés:
Muíños de Vilameá e ermida de Nosa Señora
Baixada da Corga da Fecha
Sitio arqueolóxico

01 Aquis Originis

04-ENE-12 12:06:55
Sitio arqueolóxico

02 Miliarios

04-ENE-12 12:39:54
Senderismo

03 Abandono da Vía XVIII

04-ENE-12 13:20:49
Senderismo

04 Ruta á Cabaniña do Curro

04-ENE-12 13:25:11
Senderismo

05 Desvío á Cabaniña do Curro

04-ENE-12 14:57:40
Sitio arqueolóxico

05b Cabaniña do Curro

1 comentario

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 11 jul. 2012

    Atención: o tramo da Vía Nova desde os miliarios ten moita vexetación (silvas e toxos, xullo de 2012). Recomendable facer este tramo pola pista que ascende pola parte dereita do val.

Si quieres, puedes o esta ruta